O Soneira caeu derrotado fronte o Sporting Praiña Club.

-O Fisterra gaña nun encontro “antre lusco e fusco”, (0-2). O Dumbría cae ante o Flavias SD, (0-2). Vitoria pola mínima do Baio, (1-0), e derrota do SD Soneira, (2-1) e a máis dura a da Esteirana, (0-4)-

27ª tirada da 1ª Galicia G2, na que o SD Fisterra derrotou con máis facilidade da prevista ao Escravitude SD, (0-2), nun choque como decimos na entradiña, “antre lusco e fusco”, xa que os fisterráns dominaron totalmente a primeira metade na que marcaron os goles por medio de Jesús, (21´) e Capelo, (35´), e puideron golear, para logo sufrir na segunda metade na que perderon o balón e tocou defender. O CD Baio sumaba tamén os 3 puntos ante o CD Lalín, (1-0), cun tanto de Bieito aos 5 minutos de xogo, para manter os baieses na loita pola terceira praza. Caía o CF Dumbríapor 0-2 ante o Flavia SD, rival dos fisterráns e baieses por todo. Dous goles de David Pérez, un a media hora de xogo e o outro a hora de xogo valéronlle aos padroneses para levarse o trunfo do “Conco”. Tamén caía derrotado o SD Soneira na sua visita ao “Juan Amado” de Pontevea, no que se adioantaba por medio de “Pichi” aos 4 nminutos de xogo e vía como en 8 minutos lle remontaba o Praiña Sporting Club o encontro, e xa non se movería o marcadora pesares de ter todo o tempo do mundo por diante. A peor nova foi a abultada derrota da SCDR Esteirana ante o Val do Ulla UD, (4-0), rival direto na loita pola permanenza. Dous goles seguidos a volta de vestiarios, (48´e 50´), e a expulsión de Pablo Rama, un par de minutos despois, tiraron por terra o bo traballo dos esteiráns da primeira metade que acabou con 0-0 no marcador..Abre a nova completa para ver os resultados, clasificación xeral e de pichichis, seguinte xornada, etc…

Segue coa información da liga, resultados, etc…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS…

RESULTADOS

-27ª Xornada-

24/03/2019

  SD Piloño 4-3 Bertamiráns CF

Val do Ulla UD 4-0 SCDR Esteirana

Sigüeiro CF 3-0 UD Bastavales

CD Baio 1-0 CD Lalín

Esclavitude SD 0-2 SD Fisterra

CF Dumbría 0-2 Flavia SD

Praiña Sporting Club 2-1 SD Soneira

Chaián CF 0-4 Tordoia CF

CD Unión 2-1 Cordeiro CF

CLASIFICACIÓN

-28ª Xornada-

31/03/2019

SCDR Esteirana-Bertamiráns CF

UD BastavalesVal do Ulla UD 

CD Lalín-Sigüeiro CF-

SD Fisterra-CD Baio-

Flavia SD-Esclavitude SD

SD SoneiraCF Dumbría-

Tordoia CF -Praiña Sporting Club

Cordeiro CF-Chaián CF

CD UniónSD Piloño

-TÁBOA DE PICHICHIS-

-Martín MC, (CD Baio) : 25 (5 de penalti)

-Astray, (Sigüeiro CF), 20, (1 de penalti)

-Adrián “Makaay”, (SD Fisterra) : 18(3 de penalti)

-Jesús López, “Yuyo”, (CF Dumbría) : 17, (2 de penalti)

-David Pérez, (Flavia SD) : 14, (2 de penalti)

-Uxío, (Flavia SD) : 12, (3 de penalti)

Iván, (Tordoia CF) : 12.

(Os goles e goleadores son os recollidos nos actas arbitrais).

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-