O SESTAO-DEPOR QUE SE XOGARÁ A 4 XORNADAS DO FINAL DE LIGA SERÁ A PORTA PECHADA.

O Sestao-Depor será a porta pechada.

 

Xa había viaxes programadas por numerosas peñas para o Sestao River-Depor do vindeiro 4 de Maio do 2024, que sería na xornada 35, a 4 do final de liga, e máis ca posiblemente que con todo en xogo. Peñas fixeron rifas con viaxe para duas persoas, con entradas e hotel, e ata o sponsor do clube branquiazul DIGI, tiña unha con viaxe en avión+entradas+hotel, pero todo esto, se non prospera a máis ca segura apelación do equipo vasco, que perdería ademáis do encontro contra o Depor, o de tres xornadas antes, (ten por medio dous encontros fora), contra o Real Unión de Irún, dous choques que lles deixarían pingües beneficios.

O motivo?…sanción ao Sestao River de dous encontros xogando a porta pechada, e multa de 3006 euros, por insultos racistas ao meta do Rayo Majadahonda a pasada xornada, que tras recibir o 2-1, que era de remontada para os vascos, recibeu dende detrás da portería insultos racistas o que fixo que o meta dos madrileños, Cheikh Sarr, se encarase cos afeccinados, e pouco despois en apoio do compañeiro o resto de xogadores do equipo madrileño abandonou o terreo de xogo cando se ía 2-1.

O meta agredido verbalmente cáenlle 2 encontros de sanción e 600 euros de multa e o Rayo Majadahonda, perda do encontro por 3-0, e 3 puntos menos na sua conta, e multa de 6.001 euros. Tan mal está a Federación e o fútbol español, que non actuou así en ningún outro campo que houbo insultos racistas e ademáis nin o colexiado recolleu nada no acta, nen siquera a televisión da Federación, FEFTV, recolleu os incidentes, pero sexa culpa duns ou de outros actúan sen probas feacentes.

O colexiado do encontro, Francisco García Risco, reflectiu no acta : “o xogador produciuse de forma violenta contra a miña persoa, con clara intención de agredirme, tendo que ser suxeitado polos seus compañeiros presentes no terreo de xogo, abandonando finalmente o mesmo”. (Na foto que puxo o porteiro na sua conta de instagram, que tedes máis abaixo, discúlpase de como reaccionou tras ser insultado de maneira racista).

Ademáis de que nin o Sestao, nin o resto de socios e afeccionados, teñen culpa da mala praxis dun ou varios impresentables, pero nesto da xustiza, sexa deportiva ou doutra índole, xa sabemos que se sigue sen saber quen apaleou a Jimmy e logo o tirou o Manzanares medio morto para que alí acabasen os seus días.

O noso total apoio o meta do Majadahonda, Cheikh Sarr, e ao Sestao e os seus socios de ben. Así se expresaba Cheikh Sarr no seu Instagram no día de hoxe :

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”