O SD FISTERRA DE VETERANOS ASCENDE A DIVISIÓN DE HONRA TRAS DERROTAR NOS PENALTIS AO VETERANOS SCD MALPICA.

SD Fisterra Veteranos novo equipo da División de Honra.

 

SCD Malpica 1-1 SD Fisterra de Veteranos

(4-5 nos penaltis)

Encontro que ía abocado as táboas e que rompeu o equipo malpicán no minuto 62. Non lles durou moito a ledicia aos malpicáns, pois tras sacar de centro empataba Del Río para os fisterráns, un resultado que xa non se movería.

Na tanda de penaltis os fisterráns eran mellores e gañaban por 4-5, nunha tanda emocionante, na que se lanzaban 12 penaltis.

Os fisterráns, novo equipo da División de honra, xunto co CV Leiloio e Corme CF, xa que o Sporting Bértoa renunciou ó ascenso tra gañara a liga.

Os fisterráns chegaban a esta final tras deixar na cuneta ao SD Oza, (1-2), e os malpicáns ao Nantón, tras empatar a uns, (1-1), e sair vencedores nos penaltis, (4-3).

-Foto : FaceBook SD Fisterra Veternaos

-Texto : piratasdemuxia