O NOSO COLABORADOR DO 5 CORUÑA FS, SERGIO BLANCO, FIXO A PEDIDA DE CASAMENTO O GRANDE EN RIAZOR, POR SORPRESA E ANTE PRETO DE 27.000 AFECCIONADOS.

 

Sergio Blanco dende fai moitos anos colaborador da nosa web, coas crónicas do FS Mera, 5 Coruña FS e Academia Red Blue 5 Coruña FSF, adestrador en todos eles, sorprendeunos a todos o pasado Domingo, cando no descanso do encontro ante o Depor e o castilla, apareceu no marcador para sorpresa de todos e máis para o da sua moza, Sofía Sampaiño, para dunha maneira deportivista pedirlle que se casase con él.

 

 

Tal e como puidemos saber o casamento será un día curioso en números, o 23/6/23, (bo número para a lotaría), e terá lugar na Igrexa de Liáns, en Oleiros. Agora xa está todo máis ca atado. Os dous deportivistas de pro, e cun día e un intre para a lembrabza e para contarllo aos fillos e logo aos netos.

 

 

O encontro acabou nun decepcionate empate, pero o intre foi unha vitoria histórica para ambos.

O noso desexo de felicidade para Sergio e Sofía, que todo lles vaia ben e que para o ano lembren este intre co Depor xogando na 2ª División, e en pouco tempo poidan levar ao seu retoño, (se deciden telo), a sacar a foto cos xogadores na Primeira.

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”