O MUXIÁN, RAÚL LEMA, CONVOCADO CA SELECCIÓN GALEGA SUB 14 DE FÚTBOL PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA EN CÁDIZ.

 

O xove muxián Raúl Lema, que milita no RC Deportivo, no que está a deixar grandes impresións ca sua enorme calidade e desparpaxo, ven de ser convocado unha vez máis ca Selección Galega de Fútbol Sub 14. Fai 10 días foi convocado ca selección de de fútbol e ca de futsal, das que é asíduo.

A boa saúde da canteira deportivista fai que de 18 convocados para a Fase de Prata do Campionato de España, que se desenrolará en Cádiz os días 9, 10 e 11 de Febreiro, 7 son do RC Deportivo, compañeiros do muxián Raúl Lema.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”