O MUXÍA CF COLABOROU COA ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO NA XORNADA DOMINICAL DE BASE.

 

A mañán do domingo 4 de Febreiro, “Día Mundial da Loita contra o Cancro”, estivo marcada no campo muxián “A Arliña”, durante os encontros de base, pola presenza de membros da Asociación de Muxía de Loita Contra o Cancro”, unha das asociacións pioneiras na Costa da Morte, que tódolos anos recauda cartos con diferentes actos, para a loita contra esta grave enfermidade que nos toda a todos de preto.

O Muxía CF colaborou colgando os carteis de reivindicación desta loita,co lema “Muxía contra o cancro”, así coma que os equipos muxiáns portaron brazaletes verdes, así como fixeron fotos coas membros da asociación muxiana, todo elo marcado nunha reivindicación desta gran loita.

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos : Muxía CF