Comeza a campaña de abonos do Depor 2018/19 co slogan : “O lume segue vivo”
A tardanza en acabar a tempada fixo que agora todo se veña enriba. Nun par de semanas comezará a pretempada, para a que hai que pechar amigables, para un equipo que chegou desgastado o final da liga, e con mes e medio para que comece a liga 2019/20, sen ver ainda as novas camisetas, e xa entramos na campaña de abonos que ten o slogan : “O lume segue vivo”, e materá os prezos dos abomos do pasado curso, e cun desconto do 5% ata o 13 de Agosto, (incluido), para que sega vivo ese lume que nos leve de novo a bo porto.
Tal como nos informan dende o RC Deportivo : “Desde o martes 2 de xullo todos os Deportivistas poderán facerse co seu abono para a tempada 2019-2020 na Oficina de Atención ao Deportivista. Inicialmente a renovación só poderá ser presencial nos despachos de billetes da avenida da Habana en horario, entre o 2 de xullo e o 23 de agosto, de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e sábados de 10:30 a 13:30 horas, podendo solicitar Cita Previa na plataforma citaprevia. rcdeportivo.es. Os prezos dos carnés non sofren ningún tipo de modificación con respecto aos que os 23.491 socios do Dépor 2018-2019 tiveron que abonar a pasada campaña. A novidade máis destacada é que, cada socio do Dépor, pagando tan só 5 euros máis, pode facerse socio do Deportivo Liceo e acceder a todos os partidos que o equipo de Hóckei dipute como local no Palacio dos Deportes de Riazor.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es