O LATERAL ESQUERDO, IANO SIMAO SUBE DO FABRIL O PRIMEIRO EQUIPO E CHEGA PARA SUPLILO NO FILIAL, ÁLVARO BALADÍA, DENDE A CANTEIRA DO VILLAREAL.

 

Iano Simão dá Silva Imbeni (Bisáu, Guinea-Bisáu, 2 de febreiro de 1999) incorpórase á disciplina do primeiro equipo até final de temporada. Co dorsal 2, o internacional africano porase definitivamente ás ordes de Imanol Idiakez despois de militar no Fabril as dúas últimas temporadas e media.

O novo lateral zurdo deportivista pasou en Portugal polos equipos do Limianos e Montalegre antes de recalar no CD Choco de Terceira Federación na temporada 2020-21. Unha temporada despois, no verán de 2021, chega ao Fabril tamén de Terceira.

Ás ordes de Óscar Gilsanz logrou o ascenso a Segunda Federación a temporada pasada e no presente curso xogou completos 19 de 20 partidos e anotou 3 goles.

Convocado en varias ocasións pola súa selección, Guinea-Bisáu, até a data leva 1 partido xogado co equipo nacional guineano.

Para suplir a sua baixa no equipo fabrilista chega dende o Villareal C, Álvaro Baladía, tal e como xa confirmou o RC Deportiv.

Valcarce podería irse o Atlético Baleares

Hioxe pecha a media noite o mercado de fichaxes e dende a prensa do leste de España apúntase o interese do Atlético Baleares por Valcarce, xogador que xunto con Cayarga apareceron todo o mes como xogadores que poderían trocar de aires tralo baixo rendemento no Depor.

Retu rescinde contrato

O rapáz que chegou con toda a ilusión do mundo dende o Madrid B, e que foi sacrificado pola prensa xa dende a pretempada de fai dous anos finalmente acaba o seu periplo no Depor e rescinde contrato. Todo apunta a que voltará o Hércules no que xa estivo cedido o ano pasado. Tendo en conta as verbas de Fernando Soriano a sua praza como xogador do primeiro equipo ocuparaa David Mella, que estaba a xogar con ficha da canteira.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo/Xosé Búa “Pirata”