O INTERIOR ESQUERDO, LUIS QUINTERO, NOVO XOGADOR DO DEPOR.

 

Chega dende Villareal o xove interior esquerdo, Luis Eduardo Quintero Henández, nado en Alacante, (12(10/2004), e que xa está na Coruña a onde chegou esta pasada tarde, recibido por familiares seus que viven na cidade herculina, a cabeza deles o seu pai.

O xove de orixe colombiano xa xogou co combinado sudamericano en categorías inferiores e colgou un twitt no que decía “Los sueños se cumplen”, aludindo o seu cariño polo RC Deportivo. Xa ten animado o noso equipo dende neniño cos seus familiares en Riazor, e participou en Copa do Rey co Villareal ante o RC Deportivo Xuvenil, que logo sería campión.

O novo xogador deportivista comezou a sua andaina no fútbol no Elche CF e Kelme CF, de onde pasou a canteira do Villareal, que este ano cedeuno ao Amorebieta da 2ª División, de onde o repescou para poder inscribilo e logo cedelo o Deportivo con opción de compra e para dar cabida a unha ficha para Hugo Novoa, ex deportivista, que xogará nos amarelos con ficha do filial, cedido polo Leizip alemán.

Pola sua banda o dianteiro Raúl Alcaina foi prsentado hoxe e todo apunta que chegará para o Fabril o lateral esquerdo da canteira do Villareal, Álvaro Baladía e que fará que o fabrilista Iago Simao subirá o primeiro equipo. Detalles sen confirmar e que se conta con que se pechen durante a tarde de hoxe día de peche de mercado. 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”