O HIMNO GALEGO DE RIAZOR EMOCIONOU OS GALEGOS DA DIASPORA.

 

O Himno Galego que sonou en Riazor o pasado Domingo 4 de Marzal emocionounos atódolos que estabamos no campo ata ver a xente con bágoas, pero non fomos os únicos, tamén emocionou aos galegos deportivistas ou non que o viron dende as suas casas tanto aquí coma en España e no resto do mundo. Foron moitísimas as mensaxes que recibimos tanto polas canles de contacto da nosa web coma pola nosa propia, e de xente da diaspora como do resto de españa, deportivistas e non deportivistas.

A Banda de Gaita de Malpica, que interpretou a musica de Pascual Veiga viveu de primeira man como máis de 28.000 persoas, antre deportivistas e luguistas entonaban a letra de “Os pinos”, de Eduardo Pondal o unísono. Para os que non sabían a letra o completo tiñan o acompañamento das pantallas de Riazor. Foron dous minutos de verdadeira emoción que estalou cunha tremenda ovación o remate.

Chegáronnos maiormente mensaxes de galegos en especial Suiza e Alemania, pero tamén de Holanda e outras partes de Europa, e de alén do mar en especial de Arxentina e Uruguai. Non podemos esquecer as de moitos amigos de Sevilla, Valencia, Barcelona, Palencia, ou Madrid.

Por poñer unha, a mensaxe máis bonita das que recibimos chegounos dende Lucerna, (Suiza), José Antonio Rodríguez contábanos : “Xuntámonos na nosa casa 10 disfrutamos coma monos, pero cando foi o do empezo co himno puxémonos todos a cantar e ata unha que non o sabía tarareaba o que podía e acabamos todos chorando e abrazándonos e ca pel de galiña. Logo o encontro xa foi para rematar unha noite exytraordinaria na que nos sentimos na casa e acompañados dunhas Estrellas”.

O Depor é o equipo de fútbol de Galicia, por títulos e por historia, pero sobre todo por afección, unha afección espallada polos 315 concellos galegos, e dos que Riazor conta con representación en maior ou menor medida, pois ao máis do 50% dos que somos socios e que somos de fora da Coruña hai que sumar aos moitos que viven na Cidade Herculina e que son de múltiples lugares da nosa terra. Segundo o estudo do 2019 do Instituto Nacional de Estadística, (INE), un 42% dos galegos son do RC Deportivo, (o segundo non chega o 20%, nin ten a afección tan espallada). Riazor tivo que colgar o cartel de non facer máis altas de socios para a 2023/24 no mes de setembro, pero ainda así e todo conta co record de que 1 de cada 100 galegos son socios do Depor.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”