O FISTERRA EMPATA CO LARACHA TRAS XOGAR 35 CON UN MENOS

Foto afeccion do SD Fisterra : Steffen

 

SD Fisterra 1-1 Laracha CF

O SD Fisterra empatou a uns no seu debút de volta a Preferente Norte nun Ara Solis abarrotado que levou en ándias o equipo “verdiño”. Os outros dous equipos costeiros, sacaron unha derrota por parte do Xallas FC, (2-0) ante o Residencioa e vitoria do SD Sofán, (2-0) ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

Así nolos conta o adestrador do SD Fisterra, Ángel López o acontecido no Ara Solis:

“Partido muy igualdo no Arasolis. O Fisterra saleu ileso contra un dos favoritos. A pesar de xogar durante 35 minutos con un menos. Mala actuación arbitral favorecendo o visitante. Expulsión por dobre cartón de Aarón López máis ca dubidosas, que limitaron o xogo fisterrán. Non mideu ca mesma vara os dous equipos.  Primeira metade moi igualada. PChegou o primeiro gol da tarde por medio do Laracha no 10, e empataríamos no 40 por medio de Capelo Na segunda parte dominou o Laracha pero nós contratacamos con perigo, a pesares de estar en inferioridade, con contras e saques de curruncho moi perigosos. Un balón o traveseiro de Makaay. Moi boa entrada cunha afección que apoiou o equipo incansablemente de principio a fin. Moi descontento coa actuación do árbitro”.

SD Fisterra : Iván Bouzón, Pablo Vigo, Aarón, Adrián “Makaay”, Herbert, Pacín, Jesús, Aarón Fernández, Julián, Andrés e Capelo. Tamén xogaron : Daniel, Julito e Pablo Lestón.

Laracha CF : Gabriel, Antonio, Héctor, Álvaro, Oladapo, Geri, Antón, Diego, Jonathan, Pablo e Denís. Tamén xogaron : Iago e Jairo.

Goles : 0-1, Denís, (7´); 1-1, Capelo, (34´).

Árbitro : Renno Mazayra. Asistido nas bandas por José Daniel Rodicio e Borja Cardoso.

Amonestou polo Fisterra a Arrón López con dorbe cartón e expulsion, (30´e 51´) e aos seus compañeiros : Makaay, Capelo, Pablo Lestón e Julián. Polo Laracha viron cartón amarelo : Pablo, Álvaro, Jonathan e Antonio.

RESTO DE RESULTADOS

Sigüeiro 0-0 Ribadeo

Galicia de Mugardos 2-1 San Tirso

Viveiro 5-0 Boimorto

Puebla 2-0 Boiro

Dubra 0-1 Lemos

Sofán 3-1 Atlético Coruña Montañeros

Residencia 2-0 Xallas

Foz 1-1 Sarriana

Atlético Arteixo 2-2 Noia

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es