O EXTREMO ESQUERDO, CARLOS DONCEL, SONA PARA O DEPOR.

 

O extremo esquerdo catalán, Carlos Doncel Ordóñez, (Cabrera de Mar-Barcelona, 04/12/1996), sona  para o Depor.

O xogador que estaba vinculado o Real Valladolid, recindeu contrato co clube pucelano fai 2 días, e cando medios coma “El Desmarque”, xa o daban por feito para recalar en terras herculinas, parece ser que se interesou por él o Málaga CF, o que fixo que estudase cal será a sua nova casa.

Doncel, xogou a pasada tempada na SD Ponferradina, na que coincideu co deportivista, Juegen Elitim, disputando un total de 36 encontros e marcou 1 gol. Comezou a sua carreira futbolística no Lleida, do que pasou o Español B, Real Valladolid Promesas, Real Valladolid, e a cesión o SD Ponferradina.

Destaca por ser un xogador rápido e con desborde. Unha das pezas que faltan no actual Depor de Borja Jiménez, que dobra en tídalas partes do campo aos xogadores por posto, agán nos extremos, con só William de Camargo e Keko Gontán, en cada banda, e tendo en conta que o de Keko, é ainda unha incognita, se queda ou se se vai, dado que é un xogador con moito caché, ainda que él xa manifestou a final da pasada tempada, que estaba moi a gusto aquí. Outra cousa é o seu salario.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : realvalladolid.es