O DUMBRÍA BENXAMÍN CAMPIÓN DO “TORNEO DE CRUIDO”.

 

O CF Dumbría Benxamín que dirixe Julio Vila ven de proclamarse campión do prestixioso torneo de fútbol 8 de base que se celebra en Cruido, (Lousame). Ademáis do equipo dumbries participou o EF Concello de Carnota que cuaxou un gran torneo e que caeu en Cuartos de final ante os dumbrieses nos penaltis tras empatar a uns, (1-1) no tempo de xogo.

Niste torneo quie se celebrou o pasado sábado  de Xuño, o equipo dumbriés derrotaba nos encontros preliminares da mañán ao Puebla CF, (5-0) e o UD Bastavales, (3-0). En Cuartos como decíamos pasaba nos penaltis ante o EF Concello de Carnota tras igualar a uns, (1-1) e nas semifinais derrotaba nun encontro cheo de emoción a tope ao Pino, (3-2)

A final non foi para menos debido ao gran nivel dos participantes e tras igualar a dous, (2-2) no tempo de xogo, acababan gañando por 2-0 dende o punto de penalti.

 

 

Ademáis do campionato o xogador do CF Dumbría, Pablo Taboada foi premiado coma “O Mellor xogador do Torneo”.

 

 

PLANTILLA CF DUMBRÍA BENXAMÍN

Nico, Pablo Rey, Nico Gómez, Eloy, Dani Castro, Pablo Costaramos, Pablo Taboada, Iker Vieites, Xavi Muiño, Nico Caamaño, Hugo Lago, e Mauro.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CF Dumbría Benxamín.

+++

O haber fotos de nenos menores de idade se algún pai ou titor non quer que seu fillo salga na foto que nos avise por medio de email ou tlf : 626 72 00 47 e será retirada a foto ou taparaselle a cara o neno.

Se nos está leendo vía mobil decirche que o formato que temos para ordenador e similares é distitno e moito máis completo, con detalles de maquetación que non valen para os móbiles.

Tamén decirche que trocamos de email, o novo é : admin@piratasdemuxia.es