O DIANTEIRO, RAÚL ALCAINA, NOVO XOGADOR DO DEPOR.

 

O RC Deportivo ven de anunciarnos a contratación do xove dianteiro valenciano, Raúl Alcaina, para reforzar o atque deportivista :

O Dépor reforza a súa parcela ofensiva co dianteiro centro Raúl Toni Alcaina Fenollosa (Museros, Valencia, 19 de xullo do 2000). Firma polo Dépor até xuño de 2026.

Formado na canteira do Levante UD, pasou tamén polo CD Castellón antes de recalar no CD Alcoyano de Primera Federación, o seu actual club, na temporada 2022-23, nos que suma 52 partidos e 11 dianas.

A pesar da súa mocidade, Raúl Alcaina leva 94 partidos na categoría de bronce do fútbol español con 16 goles; ademais de 3 partidos correspondentes á fase de ascenso a Segunda División.

Raúl Alcaina será presentado mañá mércores ás 10:00 na sala de prensa de Abegondo e a continuación adestrarase cos seus novos compañeiros na Cidade Deportiva.

Agora nestes derradeiros intres de mercado de inverno todo apunta a que en breve se anunciará a incorporación do fabrilista Iago Simao ao primeiro equipo, e ainda que as cousas son m9i complicadas nesta época de fichaxes, podería chegar un xogador máis de ataque.

Informarvos de que por problemas ao estar o noso servidor con traballos obligatorios de mantemento da web, estamos actualizando só cousas puntuais, polo complicado de subri artigos, a espera de que nós acaben con este procedemento que xa está a tardar moito máis do dito, e polo que pedimos desculpas.

 

-Foto : Xosé Búa “Pirata”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Derportivo