A falta de gol foi un lastre no que vai de tempada.
Mañán xoves 4 de Xaneiro de 2024 o Depor comeza unha costa de xaneiro vital para o futuro do equipo, que non do clube, asegurado polo máximo accionista, ABANCA, tal e como se apuntou na derradeira Xunta Xeral de Accionistas, na que se sentaron as bases para sair do concurso de acreedores para o vindeiro mes de xuño, trala inxección de un crédito de 17 millóns de euros por parte do máximo mandatario.
A estructura do clube segue a crecer a pesares de estar no ostracismo no apartado deportivo dende fai 4 anos.
O equipo tras unha mala primeira parte do campionato, con dentes de serra, motivada por bos e malos resultados, así coma condiciponantes de malas arbitraxes nos primeiros 9 encontros de liga, que supuxeron perda de moitos puntos, e as lesións que se cebaron en especial en ataque. Non deu ca fórmula Idiakez para solventar a falla de Yeremay, Mella ou Barbero, e a ridícula expulsión de Lucas Pérez, con 2 encontros de sanción por unha “patadiña”, un Lucas que hoxe mesmo fai un ano que era presentado en Riazor ante 7.000 afeccionados cheos de ilusión pola sua volta e a maneira en que se deu, deixando a 1ª División e un contrato extratosférico co Cádiz, que él mesmo deixou por tentar voltar o Depor ao fútbol profesional.
Tan só 26 pntos de 51 posibles teñen o equipo na 7ª praza con 2 puntos menos co Barcelona B, e 3 menos co Nástic que é o que marca a 5ª praza, derradeira de Play-Off de ascenso. Son 4 os que separan os deportivistas do rival de mañán en Riazor, 819:00 horas/17:00 GMT), coas cámaras da TVG2 e de FEFTv en direto, polo que será un encontro no que toido que non sexa gañar será un resultado nefasto neste comezo da batalla ante os rivais de arriba, e máis ca vitoria de onte do C. Vigo B ante o CD Lugo, (0-1), que se vai aos 38 puntos no liderato, 12 máis cos branquiazuis.
O seguinte rival deportivista será a Cultural Leonesa no “Reino de León”, segundo clasificado a día de hoxe, con 33 puntos, 7 máis cos nosos. O encontro será o Domingo 14 a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT). Os leoneses van segundos por golaveraxe empatados co terceiro a Ponferradina, que visitará aos deportivista tras xogar ca Cultural, o 21 de Xaneiro a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), para unha semana despois visitar o lider, C. Vigo B, o 26 de xaneiro ás 19:00 horas, (17:00 GMT).
Tras esta forte costa de xaneiro que como recoñecian Davo e Salva Sevilla nas derradeiras roldas de prensa, “será vital”, ou “serán finais”, chega un equipo que ven por detrás coma é o Fuenlabrada, que estrá a frotarse as mans a espera de fallos deportivistas para poñerse por diante, pois está a só 2 puntos dos nosos, para logo ter equipos da parte baixa, pero que rabuñaron algo ante o Depor na primeira volta.
Todo un reto para un equipo que ten cousas boas e cousas moi malas o que fan que esta volta a competición sexa todo unha incógnita. Na parte boa temos que fixeron bos encontros e sacaron bos resultados ante os fortes da competición, agás ante o C. Vigo que se levou os 3 puntos de Riazor, (0-1), tras unha mala primeira metade dos branquiazuis, e a falla de puntería na segunda por parte dos de Idiakez, ademáis de un gol anulado cando o liña o daba por legal e o colexiado anulou facendo sacar a fora de banda que deu orixe o gol, 2 metros máis atrás, cousa que non esixira en todo encontro, nin o fixo despois.
No apartado malo está principalmente a falla de gol e deixar puntos concedendo menos ca ninguén na liga, pero con goles que foron mel para os adversarios, en especial os da parte dabaixo da liga. Nas derradeiras xornadas Davo lembrou a Manjarín, aproveitando a picardía a rapidez e a boa colocación para facer 4 goles nos derradeiros 6 encontros, pero a falla de dianteiros e a posición de Lucas lastrou no que vai de liga a capacidade ofensiva, que recaeu en especil na zaga, con 2 Pablo Martínez e pablo Vázquez e 1 de Balenziaga e Jaime. Dos diantairos só se poden contabilizar os 4 de Davo, 1 de Barbero, 1 de Mella e outro de Martín Ochoa. Lucas ainda non marcou nin un só gol, pero a sua presencia foi moi importante pois 8 dos goles deportivistas foron asistencia sua, ademáis de estrelar na madeira varios remates.
Queda pois ver a reacción do equipo tras limpar a cabeza neste parón navideño e co regusto da remontada ante o Arenteiro, nun campo no que só gañara o Irún, nese ápice de esperanza de seguir tumbando equipos complicados, como pasou neste caso, ou ante Nástic, Barcelona B e ponferradina, onde o árbitro foi condicionante para que os ponferradíns empatasen e xogando cun máis máis de 80 minutos.
Tamén esperamos os movementos do clube en canto a reforzar o equipo ao que lle falta con urxencia clíniuca un dianteiro de garantías así coma un extremo dereito. Todo apunta a que a banda esquerda na que só temos a Balenziaga sexa cuberta ca ficha do fabrilista iano, que xa non podería voltar o Fabril. No apartado de recuperacións a volta de Ximo Navarro, que leva antre lesión e lesión toda a tempada con s´0 20 minutos disputados. Tamén estaremos atentos a que Yeremay recupere sensacións e que revivan xente coma Salva Sevilla ou Hugo Rama. Baixo “sospecha” están os Cayarga, Valcarce ou Pablo Muñóz, este último nen sabemos nada dél por mor de caer lesionado sen practicamente xogar. A boa nova é que Barbero xa comeza a adestrar e podería estar a finais de xaneiro, un mes antes do esperado nun principio, salvo calquer recaida.
Feliz ano a todos e o noso desexo de que todo esto cambie para ben…Forza Depor sempre!!!.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”