O DEPORTIVISMO ESTÁ CHAMADO MAÑÁN XOVES NA PRAZA DE PONTEVEDRA A FACER OIR A SUA VOZ.

O deportivismo está nas boas, e máis nas malas.

 

Mañán xoves 29 de Xuño a Federación de Peñas do RC Deportivo, xunto cas peñas Riazor Blues e Old Faces convocan ao deportivismo a unha manifestación de protesta pola desinformación e o mutismo do clube ante os derradeiros acontecementos dos que non se informou a afección nen se saeu a explicar a deriva institucional.

Tralo remate da liga primeiro foron os membros da dirección técnica, Rosendo e Giménez os que abandoaron o seu posto, e tras eles a diretiva en pleno, quedando David Villasuso de procurador, convocando Asemblea Xeral de Accionistas para o 17 de Xullo, día ata o que o clube estará sen ninguén o fronte, máis ca Villasuso, que deu como sinal o mutismo.

Fichouse ao novo director deportivo, Fernando Soriano, e ao seu segundo, Juanjo Expósito, os cales nin por rolda de prensa pasaron para calmar a unha afección chea de ansiedade, para que polo menos explicaren cal ía a ser a sua folla de ruta.

Logo e despois de 10 días de desinformación total, anunciouse a mala nova de que Álex Bergantiños, o noso GRAN CAPITÁN, colgaría as botas no Teresa Herrera, do que tamén trascendeu que será o 5 de Agosto. Nova que causou malestar durante poucos minutos, pois pronto sacaban a boa nova de que él e Carlos Ballesta entrarían a formar parte da diretiva, pois si “os propón o máximo accionista”, branco e en botella…xa son dous dos que formarán parte da diretiva. Cousa que gustou, polo menos vai a haber duas persoas que saben de fútbol e a espera de saber que cargos terán. Todo apunta a que estarán na dirección xeral, os que máis preto están das cousas do equipo. Esperemos a ver quen move ficha.

Trala xuntanza que fixo a Federación de Peñas cos peñistas, e ante a desidia do deportivismo, falaron con Villasuso e mandaron un requerimento o máximo mandatario “Don Abanca Escotet” , para informar a afección de como ían a ser os pasos, pedindo unha contestación e senón habería movilizacións.

A primeira vai a ser como decíamos mañán xoves, cunha concentración do deportivismo na Praza de Pontevedra, onde se atopa a sede do RC Deportivo, a partires das 20:00 horas. A concentración tomará logo dirección a Rúa Nova, na que se atopa a sede de ABANCA  na Coruña.

Está convocado todo aquel deportivismo que a sua situación persoal llo permita, para así facerse oir ante a desidia que estamos a recibir por parte do máximo mandatario do clube. Non era tan difícil nen facía falta gastar moita saliba para amosar respeto aos que o damos todos polo noso escudo e polas nosas cores sen mirar a ningún outro sitio. Non se pode despreciar de semellante maneira a unha afección que o da todo e nos derradeiros anos sen recibir nada acambio nada máis ca disgustos e sufrimento, e non facía falla que se dese esta situación.

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”