O DEPOR LEVA MÁIS DE 5 MESES SEN PODER CONTAR CON TODA A PLANTILLA A DISPOSICIÓN DO ADESTRADOR.

Ante Unionista caeron ata 3 xogadores nunha noite fatal.

 

Dende que Sabit lesionara a Yeremay o 2 de Setembro do 2023 no encontro no “Ánxo Carro” o adestrador deportivista, Imanol Idiakez suma máis de 5 meses nos que non puido contar con tódolos xogadores dispoñibles, e seguirá como mínimo unha semana máis, xa que na vindeira xornada Davo non estará as órdes dpo técnico vasco, xa que ten que cumplir un encontro de sanción, o que lle queda dos dous que lle puxeron.

Ante o Lugo e por mor da indefensión do colexiado Yeremay caía lesionado tras ser freado a base de faltas unha e outra vez, e algunha sen pitar, ata que o deixaron no dique seco para máis de 2 meses. 

Na seguinte xornada Lucas vía un cartón vermello por responder cunha “patadiña” a un cobadazo e perdíase os seguintes dous encontros e poucos días despois ante o Unionistas o equipo deportivista sufría a lesión de Barbero para 4 meses, a de Ximo, tamén de longa duración e a de Mella, coa rotura dos osos propios do naríz, tras un cobadazo que o colexiado nin pitou falta e co liña a un par de metros da xogada.

A todo esto hai que sumar as lesións de Valcarce, Cayarga, Paris Adot, Retu, José Ángel, Pablo Martínez, (tamén foron expulsados estes dous últimos), e algún que nos quedará no tinteiro. Foron camiño dos 6 meses os que por unhas e outras vicisitudes Idiakez non puido contar con todo o plantel. Tanto é así que Yeremay, Barbero e Ximo Navarro son coma se fosen reforzos de inverno.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”