O DEPOR FAI OS DEBERES E MÉRCORES ESPERA O MÁLAGA.

Tremendo golazo o de Pedro Sánchez pola escadra.

 

Depor 2-0 Cordoba CF

“A promoción gañando e xogando ben”

Como tiña que ser non houbo problemas nen sufrimento para derrotar ao Córdoba que veu de paseo a Coruña e que puxo gañas, pero poucos ánimos e menos cando recibeu o primeiro gol, obra de Borja Valle, que xa o estaba merecendo,  xusto antes do descanso. O segundo gol, un enorme golazo de Pedro Sánchez dende 30 metros e por toda escadra, tras conducir él mesmo dende o medio do campo o balón, foi a sentenza para os cordobeses e o intre no que o Depor se desatou dos nervos para acabar placidamente e podendo haber acadado algún gol máis. Decir que os visitantes tiveron unha boa ocasión nada máis comezar o encontro, que mandou de maneira felina Dani Giménez fora, e outra no treito final con 2-0 que se lle foi o longueiro. Tralo rematre o equipo celebrou no campo ca afección a clasificación e o “speaker” deleitouno con xogo de luces e música, para entonar todos xuntos o “Miudiño”. Non facían falla os puntos xa que perderon tanto Cádiz coma Oviedo, pero si fixeron falla para que o equipo se desatase do nó que nos pasou mala factura media tempada.

Agora toca promoción co encontro de ida xa o vindeiro mércores a partires das 20:30 horas, (18:30 GMT), o rival é o Málaga de Víctor Sánchez que volve a Riazor. A volta o Domingo 16. Decir que en caso de empate trala prórroga que puidera haber no encontro de volta, pasa o mellor clasificado, que neste caso é o clube malaguista. Non haberá polo tanto tanda de penaltis.

 

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Domingos Duarte, Pablo Marí, Saúl, Fede Cartabia (Nahuel, min. 61), Álex Bergantiños, Edu Expósito, Pedro (David Simón, min. 85), Carlos Fernández (Vicente Gómez, min. 71) y Borja Valle.

Córdoba CF: Carlos Abad, Fernández, Chus Herrero, Miguel Flaño, Loureiro, Álex Vallejo, Alfaro, Quim Araujo (Carbonell, min. 76), Bodiger (Moyano, min. 69), Javi Lara (Chuma, min. 81) y Piovaccari.

Goles: 1-0 Borja Valle (min. 45); 2-0 Pedro (min. 50).

Árbitro: Vicandi Garrido (colexio vasco). Tarxeta amarela a Loureiro (min. 90+2).

Incidencias: partido correspondente a 42ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado no Estadio de Riazor ante 22.268 espectadores.

O Dato : O Depor acaba a tempada regular con 17 victorias, 17 empates e tan só 8 derrotas. Tanto empate foi o principal “handicap” para non ascender de maneira direta.

 

Fotos cedidas por rcdeportivo.es-

 

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es