O DEPOR DE PERU NOLASKOAIN DERROTA O EXTREMADURA E XOGARÁ O MARTES OS CUARTOS DE FINAL DO “I TROFEO CARRANZA FIFA20”.

 

Peru Nolaskoain levouse o encontro ante o Extremadura de Pastrana nun encontro accidentado, pois por problemas técnicos o encontro tivo que pararse no descanso cando o resultado era de 0-0. Xa na segunda metade o medio deportivista foi moi superior e acabou goleando ao equipo extremeño por 4-1, nun final de encontro apoteósico o xogador deportivista que está amosando moi boas maneiras co FIFA20. Rompeu o encontro cun golazo do seu propio monigote no xogo e logo Çolak en duas ocasións e Sabin Merino completaron a goleada.

Agora voltará a xogar mañán martes a partires das 20:00 horas ante o Málaga CF, do canteirán malaguista, Iván Jaime, que tamén está a amosar moi boas maneiras.

O Trofeo Carranza virtual, como xa vos informamos é de caracter benéfico e podes aportar o teu graiño de area na dirección : https://www.gofundme.com/f/trofeo-carranza.

Para seguir os encontros dos que xa hoxe hai encontros de Cuartos podes seguilos na dirección de streaming : https://www.youtube.com/watch?v=OMY-3HYHnDc

Os cuartos de final disputaranse luns e martes ás 20 e 20:30 h.

As semifinais, mércores e xoves ás 20:00 h.

E a Gran Final o venres ás 20:00 h.

O vencedor recibirá unha réplica en miniatura do orixinal Trofeo Carranza.

 

 

-Foto de Peru e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.