O DEPOR ADESTRARÁ DE MÉRCORES A SÁBADO POLO PARÓN DA LIGA E O FEMININO PREPARÁ O ENCONTRO DO SÁBADO ANTE A SUSPENSIÓN DO QUE TIÑA QUE XOGAR MAÑÁN.

 

O parón da liga fai que o Depor da 2ª División B teña unha semana atípica en canto a adestramentos. Fernando Vázquez que lles deu no día de hoxe descanso aos seus xogadores, tras un adestramento de recuperación no día de onte, adestrará dende mañán mércores ao sábado, para logo descansar Domingo, e retomar os adestramentos para a visita ao Municipal de Guijuelo, para enfrontarse ao CD Guijuelo, o vindeiro 22 de Novembro, en principio xa que ainda non está designado día nen hora.

No Depor Celso Borges incorporouse a sua selección para xogar dous amistosos en Europa. O venres 13 (11:00 horas), Costa Rica mídese a Qatar no estadio Hartberg de Viena (Austria); mentres que o luns 16 (13:45), os “ticos” visitan ao País Vasco no estadio de Ipurúa de Eibar.

O Deportivo Feminino prepara o encontro do sabado ante o Levante

O Deportivo Feminino comeza hoxe a preparar o encontro da 8ª xornada da Primera Iberdrola, na que visita ao Levante UD prevista para este sábado 14 de novembro na Cidade Deportiva de Buñol (16:00 horas, GOL).

O Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol atendeu a solicitude do Rayo Vallecano para o adiamento do encontro ante o Dépor ABANCA previsto para este mércores 11 de novembro e correspondente á 7ª xornada ligueira. Un caso positivo por COVID-19 detectado no equipo vallecano e os 10 días de illamento que deben cumprir o cinco contactos estreitos do devandito positivo dentro do cadro motivaron esta solicitude, finalmente concedida. Así pois esta semana só haberá un partido en lugar dos dous inicialmente previstos e cinco adestramentos, o último deles en Buñol (Valencia) o mesmo o venres pola tarde.

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies