O CD BAIO EXPLÍCANOS O PLAN COMPETICIONAL PARA A 1ª GALICIA G2-2020/21 :

 

Dende que criticamos como socios e accionistas do RC Deportivo a falla de apoio por parte da RFGF ao noso clube, que só se veu cando a marcha motorizada rematou na sede federativa da Coruña, non voltamos a recibir unha noticia da RFGF no noso correo, (ao mellor perdérono), cando as recibíamos cáseque a diario.

No día de onte houbo unha xuntanza de membros da Federación, (antre eles Louzán), cos clubes da costa na que se propuxo o plan competicional para a vindeira tempada, para a que teñen pensado que comece a finais de Outubro. O ambente pulsado pola nosa web antre diretivos, afeccionados e xogadores sobre esta vindeira tempada é de pesimismo, todo por culpa da pandemia que non deixa a ninguén tranquilo e máis ca pinta que leva.

Dende a Fedración hai moito interese en que volva o fútbol e reducen a mutualidade dos clubes aportando un desconto do 10´50% a un 15%.

O CD Baio explica de maneira extraordinaria o Plan Competicional para a 1ª Galicia G2. Podes ver como sería PREMENDO AQUÍ.

-Foto : RFGF

-Texto : piratasdemuxia