O CD BAIÑAS PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA 3ª DA COSTA…BUÑO, CAMELLE, ZAS E LAXE XOGARÁN A PROMOCIÓN.

O equipo celebrou o título cos afeccionados.

 

Rematou a liga regular na 3ª da Costa 2022/23 e nesta derradeira xornada dilucidouse o campión e un dos postos da promoción que ainda quedaba por otorgar. Non fallou o CD Baiñas e proclamouse campión de liga, quedando así de segundo o CF Porteño, que precisaba gañar e que non gañasen os baiñeses, que tiñan un complicado encontro ante o CF Lira, que tiña que gañar e non o fixese o SD Laxe para entrar en promoción. Pero o clube vimiancés non deixou pé a especulación e xa deixaba encarrilado o choque na primeira media hora de xogo, con goles de Crístian Hermida, (26´) e Dyla, (37´), este de penalti. Na segunda metade Javi Oreiro facía o definitivo 0-3 pasada a hora de xogo, (65´), para xúbilo da afección, que acompañou o equipo no Municipal de Vimianzo, que foi toda unha festa.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o CD Baiñas, xogadores, técnico e axudantes, diretiva e afección.

Completou o podio desta liga o SCD Buño, que terá que xogar a promoción ante o SD Laxe, que tampouco fallou nesta xornada e asinou o posto de promoción que quedaba no ar. Os outros equipos que xogarán a promoción son o SD Camelle e o Sporting Zas, que concretamente xogaban no San Andrés de Zas o derradeiro encontro da liga regular e empataban a uns, (1-1). O “honor” de ser o “pechacancelas” recaeu no SD Ameixenda.

 

 

 

 

-Foto : Concello de Vimianzo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”