O CAMPO “HERMANAS PATIÑO” PASARÁ A CHAMERSE “VICENTE CARRIL” EN HOMENAXE AO ETERNO PRESIDENTE DO CAMARIÑAS FC.

Vicente Carril toda unha vida de presidente.

 

Segundo nos informan dende o Concello de Camariñas, tras coordinar ca familia de Vicente Carril, o vindeiro 3 de Novembro no pleno que haberá no salón de actos da casa do concello camariñán, proporase que se lle cambie o nome ao Campo de Fútbol “Hermanas Patiño” polo de “Vicente Carril”, presidente fundador do Camariñas FC e que segue en activo aos seus 92 anos e dende a creación do clube no 1977. Debido a que ten maioría absoluta no concello a alcaldesa, será aporbado o troco de nome.

Vicente Carril, gran seguidor e colaborador da nosa web, ademáis de presidente-fundador do Camariñas FC, sendo o de maior lonxevidade dos clubes galegos e posiblemente do ámbito español, foi e aínda activo do fútbol galego e nacional foi secretario da confraría de pescadores, director do Instituto Social da Mariña e axente de seguros do mar; ocupou o o cargo de Xuíz de Paz; foi presidente da comisión de festas do Carmen e presidente do Casino; un dos xerentes do Rialto, o primeiro cine do pobo; foi escollido Camariñán de Honra no ano 2022 e premiado pola Federación Galega de Fútbol no ano 2017 no apartado ‘Toda unha vida’.

Nas instalacións colocarase unha placa en agradecemento as irmáns Patiño e a Igrexa Parroquial de San Xurxo pola doación dos terreos nos que se fixo o campo no ano 1984 na zona coñecida como “As Galeras” a acrón da Virxe do Monte.

Merecido homenaxe en vida, como se deben facer, a Don Vicente Carril, toda unha institución no fútbol galego.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa”/Prensa Concello de Camariñas