O CALVO XIRIA FEMININO COMEZA HOXE A PRETEMPADA E ANUNCIA AS RENOVACIÓNS DE JUANA GARROCHENA, MINIA CALVO E NATALIA SOLÍS.

 

O Calvo Xiria 21-22 arranca a maquinaria hoxe luns 16 de agosto

As rapazas de Manu López volverán ás pistas despois do descanso estival e farano o
vindeiro luns a partires das 21.30h.

O clube verde e negro que está en pleno proceso de confección do plantel, tal e como
estamos anunciando ao longo destes últimos días, xa se poñerá mans á obra para
preparar a tempada 2021-2022, na que as xogadoras do Calvo Xiria tratarán de chegar da mellor maneira ao inicio dunha liga na que buscarán mellorar os bos resultados
conseguidos durante a pasada campaña, para continuar coa traxectoria ascendente de
anos anteriores.

A cita será no pavillón do CEIP Fogar este luns 16 de agosto a partires das 21.30h., nun
acto que servirá como presentación do equipo sénior feminino verde e negro e no que as
pupilas de Manu López xa realizarán a primeira sesión de adestramento desta tempada
2021-202.

A camariñana Minia Calvo renova unha tempada máis co Calvo Xiria

A camariñana amplía a súa vinculación co Calvo Xiria e seguirá vestindo de verde e negro durante a tempada 2021-2022.

Minia Calvo Canosa (Camariñas, 1999) continuará un ano máis no Vila de Noia e volverá a poñerse ás ordes de Manu López, quen poderá contar de novo cunha lateral esquerda con moita capacidade de finta e con grandes cualidades para o lanzamento exterior.

A costeira é moi rápida e resolutiva nas accións de transición, e na pasada tempada foi de menos a máis, medrando considerablemente, para acabar sendo unha das xogadoras
máis decisivas en momentos comprometidos.

Por outro lado, en facetas defensivas, a súa axilidade convértea nunha peza chave no
avanzado, xa que ten moita capacidade para roubar balóns e cortar o ritmo de xogo do
equipo rival.

 

O Calvo Xiria e Natalia Solís seguirán ligados unha tempada máis

A xogadora xalleira e o conxunto carballés continuarán camiñando da man durante a
tempada 2021-2022, na que dende a entidade verde e negra tratarán de dar un paso á
fronte para lograr cotas máis altas que a pasada campaña.

A potencia e a fortaleza personificada do Calvo Xiria ten un nome e ese non é outro que
o de Natalia Solís Pose (Santa Comba, 1995), unha desas xogadoras que o deixa todo na pista con tal de axudar ao seu equipo a lograr o obxectivo.

Natalia seguirá sendo unha das pezas fundamentais do conxunto carballés e será chave en facetas de contención como defensora central; e tamén en labores ofensivos, na posición de pivote onde será un quebradeiro de cabeza para as defensas rivais, tanto abrindo ocos para que os aproveiten as súas compañeiras como facendo goles dende a liña de seis metros.

 

 

Juana Garrochena continuará sendo unha das almas do Calvo Xiria
A incombustible xogadora carballesa prolonga a súa vinculación co conxunto verde e
negro e seguirá aportando infinidade de cousas con todas as cualidades que posúe tanto a nivel deportivo como persoal.

Juana Garrochena González (Carballo, 1989) é a alma do grupo tanto dentro como fóra
da pista, un auténtico icono capaz de levantar á bancada coas súas accións.
Esta lateral dereita caracterízase en ataque polos seus lanzamentos en apoio e polo xogo coas pivotes con pases que tan só ela é capaz de ver.

Desta forma, Manu López contará de novo cunha xogadora moi completa, xa que
ademáis das súas características ofensivas; en facetas defensivas é capaz de provocar
numerosas faltas en ataque das rivais e sempre está pendente de realizar con éxito todas
as axudas necesarias ás súas compañeiras.

 

Outros movementos a semana pasada no Calvo Xiria : PREME AQUÍ

-Fotos e Texto : Depatamento de Cominucación Calvo Xiria