RENOVACIÓNS NO CALVO XIRIA TURISMO CARBALLO DE : RAQUEL GOMEZ, NADIA VÁZQUEZ, AIDA VIZCAINO, ELENA SEGADE , SARA POSE..MATEO PALLAS IRÁ AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DO CAR.

 

O Calvo Xiria seguirá contando coa incombustible Raquel Gómez
O conxunto verde e negro continúa traballando na confección do seu plantel de cara a
tempada 21-22 e vén de confirmar a renovación da incansable extremo carballesa.
Raquel Gómez Cotelo (Carballo, 1997) seguirá sendo unha das xogadoras importantes
para o Calvo Xiria, tal e como xa vén sucedendo nas últimas campañas.
A extremo esquerda que tamén fai os labores de defensora no segundo, continuará
aportando unha gran contundencia en tarefas defensivas e moita intensidade en cada
unha das accións nas que ten influencia.
Ademáis, é unha rapaza con moitos recursos nos lanzamentos, o que a convirte nunha
xogadora moi completa para a categoría e nunha peza fundamental para Manu López.

 

Nadia Vázquez continuará poñendo o cadeado á portería do Calvo Xiria
A xalleira, quen se gañou por méritos propios estar considerada coma unha das mellores
gardametas da categoría, seguirá unha tempada máis defendendo a portería do Calvo
Xiria Carballo Turismo.
Nadia Vázquez Campos (Santa Comba, 2001) cumprirá a súa cuarta campaña
consecutiva por terras carballesas para continuar coa súa traxectoria ascendente e tamén
para seguir sendo unha peza fundamental para o equipo que dirixe Manu López.
A alta porcentaxe de paradas que vén acadando a gardameta xalleira baixo paus nos
últimos campionatos de liga, será chave para que o seu equipo, o Calvo Xiria Carballo
Turismo acade os obxectivos marcados para esta tempada 2021-2022.

A francotiradora Aida Vizcaíno renova co Calvo Xiria Carballo Turismo
A xogadora carballesa continuará unha tempada máis defendendo a camisola verde e
negra do Calvo Xiria Carballo Turismo, o cal desta forma contará cunha importante
arma ofensiva.
Aida Vizcaíno Regueira (Carballo, 1993) seguirá baixo as ordes de Manu López, quen
poderá volver a contar cunha xogadora importante en todas as facetas do xogo pero o
canón que ten na súa man esquerda é sen dúbida a súa cualidade máis característica, xa
que cos seus lanzamentos é capaz de sorprender e facer goles dende calquera parte da
pista. Desta forma, a zurda xogadora carballesa continuará sendo unha das pezas fundamentais para que o equipo acade os obxectivos marcados.

 

Elena Segade renova e súmase ao Calvo Xiria 21-22
A xogadora xalleira ampliou a súa vinculación co Calvo Xiria e continuará unha tempada
máis no Vila de Noia.

A extremo Elena Segade Martínez (Santa Comba, 1999) tratará de continuar sendo unha
das bazas ofensivas do conxunto carballés cos seus goles, a súa electricidade e o seu
desborde para axudar ao Calvo Xiria a acadar os obxectivos marcados.

Ademáis, Elena tamén volverá a ser importante en tarefas defensivas co seu incansable
traballo, o que de seguro que lle fará ter moitos minutos ao longo da tempada 2021-2022;
na que cumprirá a súa sétima tempada en terras carballesas.

 

Sara Pose continuará defendendo a portería do Calvo Xiria
A gardameta carballesa renova o seu compromiso co cadro verde e negro, e será, xunto a Nadia Vázquez, unha das encargadas de poñerlle o cadeado a portería do equipo que
dirixe Manu López.

Sara Pose Varona (Carballo, 1996) continuará sendo unha das elexidas para defender a
meta do Calvo Xiria, nunha tempada na que tratará de seguir medrando, como xa vén
facendo durante os últimos anos, a base dunha gran constancia e moito traballo.
Con esta renovación, o Calvo Xiria asegúrase ter unha portería de garantías, xa que ter a
Nadia e a Sara baixo paus é un seguro.

Mateo Pallas irá as xornadas de tecnificación no CAR

Mateo Pallas, convocado para as xornadas de tecnificación no CAR de Serra Nevada
O gardameta xuvenil segue sumando experiencias ao seu prolífico currículo, a pesares da
súa xuventude, e estará na seguinte concentración que celebrará a Real Federación
Española de Balonmán no CAR de Serra Nevada.

Unha vez máis, as instalacións que posúe o Consello Superior de Deportes en terras
granadinas volverán a ser testemuña dunhas novas xornadas de tecnificación da Real
Federación Española de Balonmán. E alí, non só contaremos con deportistas galegos,
senón que teremos ao noso Mateo Pallas García (Carballo, 2005) representando ás
Escolas Balonmán Xiria.

Do 14 ao 21 de setembro, o xove gardameta carballés estará en Serra Nevada, máis
concretamente no Centro de Alto Rendemento, onde terá unha gran oportunidade para
gozar dunha experiencia única cos mellores xogadores da xeración 2004-2005 e
demostrar todas as súas enormes cualidades, as cales o levaron a ser partícipe de algo tan importante como son estas xornadas de tecnificación.

-Fotos e Texto : Departamento de Comunicación do Balonman Calvo Xiria