O BERGANTIÑOS FC FEMININO GOLEA O FRIOL B, (0-5) E PONSE A 1 DO LIDER, CD LUGO, CUN ENCONTRO MENOS.

As bergantiñistas non deron tregua o Friol B.

 

PM Friol B 0-5 Bergantiños FC

Viña dunha dolorosa e inmerecida derrota o equipo bergantiñán ante o CD Lugo que se poñía en cabeza en detrimento das de Carballo, e tras un parón de duas semanas, por calendario e por tocarlles co Betanzos CF, retirado da competición antes do inicio. 

O rival era o Friol B, equipo da metade da táboa con opcións a engancharse a parte alta, pero as rapazas de Gueli Cotelo non deron tregua e goleaban, nun choque no que o resultado era o que deu de sí o encontro. Manteu todo o encontro o equipo carballés e xa no 8, Cruz facía o primeiro, e o segundo Inés, chegando dende atrás, (39´), e o terceiro, Marían antes de dirixirse a vestiarios. Xa na segunda metade e ca tónica da primeira, Lara facía o terceiro e Cruz, repetía un minuto despois.

A vindeira xornada o Bergantiños FC recibe nas Eiroas no derradeiro encontro da 1ª volta ao SD O Val, penúltimo clasificado con 6 puntos e que nesta xornada, caía por un axustado 1-2 ante o SD Orzán.

Clasificación 

Con esta vitoria e tralo empate do CD Lugo na casa ante o colista, SD Antas, (1-1), as carballesas suman 12 puntos a 1 das lucenses e un encontro menos, e con un punto máis ca o SD Orzán, que ten os mesmos encontros disputados. Xa bna cuarta praza está o SD Tordoia con 8 puntos, a 4 das de Carballo e con un encontro máis disputado.

-Foto : Comunicación Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Laura/Comunicación Bergantiños FC