Javi “Rubio” volve ao SD Soneira.
A SD Soneira anuncia 3 fichaxes e duas renovacións
O SD Soneira que a vindeira tempada voltará a xogar na 1ª Galicia G2 anunciaba a semana pasada a fichaxe de Diego Lois procedente do UD Paiosaco Hierros Añón co que xogou as derradeiras 5 tempadas e hoxe anunciábanos a volta tamén dende o equipo peisaqués de Alberto “Vía”, que retorna a clube vimiancés tras un ano en Peisaco na 3ª División. Tamén anuncian os vimianceses a volta de Javi “Rubio” que a pasada tempada xogou no CD Baiñas. Outro dos que volven o equipo é Aarón, que tamén se suma o novo proxecto para a 2019/20.
No tema de renovacións, o técnico Pedro Gómez seguirá a fronte do equipo e con él tamén seguirá Sergio “Pichón” que tamén renovou.
++++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es