Natxo cré que é o intre de reivindicarse e mellorar todos.

-Natxo González : “É un reto persoal que temos todos, o de aumentar o noso rendemento”

Rolda de prensa pre-encontro de Natxo González, no que se amosou satisfeito do troco de mentalidade que supuxo o parón da semana pasada para sacar tensións : É o obxectivo e creo que o conseguimos. Como sempre mañá é o termómetro para medir como temos esas cabezas”, referíndose a limpeza de mente que supuxo esta semana sen xogar. Tamén falou das posibilidades de que Vitor Silva entre no equipo de inicio : O tema é pór o límite de minutos porque si que habería un risco, pero está para xogar. Fáltalle ritmo de partiodos pero si que podería xogar de inicio”. Sobre os tocados, Quique e Matías Nahuel : “Mañán probaremos pero creo que non haberá problema“. E sobre o “desexado”, Carlos Fernández esperarán a vindeira semana : “non lle imos a forzar esta semana. A idea é que o luns se incorpore co grupo ao 100%”…Abre a nova ao completo para ver as verbas de Natxo González.

O Estadio de Riazor lucirá mañán o alumeado perimetral, por primeira vez terá alumeano en toda a volta do estadio e deixarase atrás as sombras nas porterías, ainda que xa tal como estaba co novo alumeado de led millorouse moito con respecto a tempoas pasado. No encontro deste venres ante o UD Almería en Riazor, (21:00 horas-20:00 GMT), volverá a haber protesta entrando 5 minutos máis tarde, esto contra os horarios de televisión e datas dos encontros que sempre afectan aos mesmos clubes e afeccionados…Non o fútbol moderno!!!.

Segue coas verbas de Natxo González e as breves…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS.

ROLDA DE PRENSA DE : NATXO GONZÁLEZ

(Por : rcdeportivo.com)

Natxo González manifestou na sala de prensa que o partido de mañá venres 22 de marzo en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV) é “unha oportunidade bonita que temos de dar un paso adiante e reinvindicarnos tanto a nivel individual como a nivel colectivo”. “É un reto persoal que temos todos, o de aumentar o noso rendemento. Sabemos que temos marxe e hai que sacalo e expolo en beneficio do equipo”, engade.

O técnico deportivista opina que este parón na liga debido á expulsión do CF Reus, o rival de quenda a pasada semana, serviu ao cadro para limpar a mente: “É o obxectivo e creo que o conseguimos. Como sempre mañá é o termómetro para medir como temos esas cabezas”.

Nesta liña, concédelle “mañá e sempre” unha maior importancia ao aspecto mental: “Como a cabeza non estea ben, o demais non tira. E máis de aquí ao final. Ten que ser máis importante a cabeza e a intelixencia que o corazón”.

Do rival, a UD Almería, destaca que “a súa principal virtude é o corpo a corpo, a intensidade. Vannos a vir arriba, a presionar. É o que nos imos a atopar. Tratar de buscar solucións e xogadores para ese tipo de xogo que nos imos a atopar”.

Explica que os futbolistas que tiveron algún problema físico esta semana, caso de Nahuel, Quique González, Carlos Fernández ou Fede Cartabia están “ben. Imos esperar a mañá pero estarían todos ben. A Carlos non lle imos a forzar esta semana. A idea é que o luns se incorpore co grupo ao 100%”.

De Quique González indicou que “despois do partido da UD Las Palmas, aos 2 días apareceulle unha molestia. Como non tiñamos competición habemos ir tratando de xestionarlle ben, recuperalo ben. Estas últimas sesións fíxoas ben”.

Precisamente tanto Quique como Vítor Silva, a xuízo de Natxo, estarían en condicións de xogar de inicio, “o tema é pór o límite de minutos porque si que habería un risco”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-