Rafa Suárez dando órdes durante un adestramento.
UD Santiso 4-3 UC Cee
Rafa Suárez, 8Adestrador do UC Cee) : “Partido cheo de imprecisións nun campo moi pequeno no que non houbo un dominador claro. Adiantámonos no minuto 20 nun balón á espalda da defensa rival que aproveita Canosa para batir á porteira de tiro cruzado. Elas empataron axiña nun córner e pouco despois adiantáronse nun tiro de fóra da área. Conseguimos empatar cun golazo de Uxía de tiro lonxano e chegamos 2-2 ó descanso.
Na segunda metade o partido seguiu na mesma dinámica, nós sen conseguir elaborar ben e elas acumulando moita xente no medio, presionando con intesidade e gañando todos os segundos balóns. Nun córner chegou o 3-2 e poidemos empatat nunha clarísima ocasión que Martínez non atinou a empuxar a un metro da línea e nun penalti lanzado por Canosa que parou a porteira. Pouco despois marcaron o 4-2 nun bo tiro de fóra da área. No minuto 80 de novo Canosa recurtou distancias e tivemos o empate nun tiro de Barreiro ó travesaño e posterior remate de Uxía de cabeza que parou a porteira. Non fixemos un bo partido pero tivemos as ocasións máis claras e merecemos algo máis”.
FICHA TÉCNICA
CLASIFICACIÓN
O UC Cee continúa no podio da clasificación, ocupando a 3ª praza con 21 puntos a 6 do Arzúa FCF, (2º) e 9 do lider Xuventú Aguiño. Por debaixo ten o CD Unión a 2 puntos e o ED As Miúdas a 5.
PROXIMO ENCONTRO
O equipo ceense recibe na 11ª xornada de liga o vindeiro Domingo 8 de Nadal ao CD Unión, cuarto clasificado, xusto por abaixo das ceenses con 2 puntos menos ca elas.
-Foto : Muchi/UC Cee
-Texto : Rafa Suárez/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR