MARTÍN OCHOA SERÁ OPERADO ESTE MARTES DUN PROBLEMA MUSCULAR.

 

O dianteiro deportivista Martín Ochoa será intervido cirurxicamente mañá martes 19 de decembro polo traumatólogo Rafael Arriaza co fin de aliviar as molestias derivadas dunha síndrome compartimental crónico no compartimento profundo posterior de ambas as pernas.

Os Servizos Médicos do club, de acordo co xogador, adoptan esta decisión após non atopar resposta nos diferentes tratamentos conservadores aos que foi sometido nos últimos meses.

Unha vez realizada a intervención, os médicos branquiazuis definirán o seu proceso de recuperación.

-Foto e Texto : RC Deportivo