MAÑÁN SÁBADO ENCONTRO HOMENAXE O XOVE ÁRBITRO LUCAS VICENTE EN CORME.

 

Mañán sábado 6 de Xaneiro de 2024 terá lugar a partires das 17:00 horas no campo “O Cairo” de Corme un emotivo encontro de homenaxe e na memoria do xove árbitro cormelán Lucas Vicente Vidal, tristemente desaparecido no 2021 nun tráxico accidente de tráfico cando contaba con tan só 20 anos de idade. Un encontro que se repite e no que voltarán a estar en fronte na sua memoria un combinado do Corme CF, do que foi xogador, e un combinado de árbitros da costa, ámbito o que pertencía cando nos deixou.

No seu día adicouselle toda a xornada do fútbol afeccionado e os familiares recibiron do daquela delegado arbitral da costa, Vitor Recarei unha camiseta firmada polos árbitros costeiros e un cadro do rapáz como árbitro. Unha falta a de Lucas que nunca se esquecerá, e un sentir ao que nos unimos. Na foto Recarei entregando os recordos aos familiares.

-Foto : Árbitros da Costa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”