MAÑAN NO RODEIRO : SD CAMELLE-CF PORTEÑO,”UN MONSTRUO VIENE A VERME”

 

Mañán Domingo 29 de outubro do 2023 terá lugar un encontro moi entretito no “Rodeiro” feudo do SD Camelle. O derbi veciñal SD Camelle-CF Porteño, un derbi máis de amizade que de rivalidade, coido que a rivalidade de ambos é co Camariñas FC, equipo da capital do concello.

Camelle e Porteño teñen moito en común en estructura. Teñen os dous campo de herba natural e ambos teñen o cemiterio ao carón, e ambos subiron esta pasada tempada a Liga da Costa, pero desta volta o equipo da ponte do Porto chega coma un “mounstruo”, chega sendo lider con 16 de 18 puntos posibles con 5 encontros gañados, 1 empatado e sen coñecer a derrota, coa frioleira de 21 goles a favor e tan só 6 en contra.

Pola sua banda o equipo de Camelle chega a este derbi na 10ª praza con 7 puntos de 2 vitorias e 1 empate, con 3 derrotas as costas, pero xa sabe o que é derribar a “mounstruos”, pois ao Rodeiro  chegou o UD Monte Louro como lider na 4ª xornada e chegou o desconto gañando 0-2, pero un penalti no tempo de desconto transformado por Estiben, e un gol de Sergio de seguido deixou o resultado en 3-2. No encontro seguinte chegou o novo lider CF Mazaricos o campo camellán e a cousa pintaba moi mal no minuto 88 cando o marcaba o 1-4 para os mazariquenses, pero unha reacción explosiva dos camelláns deixaba no desconto o encontro nun incrible 4-4, con goles de adrián Pasantes, (2), e Ruso.

O Camelle na casa  caeu ante Cee, (3-5), e venceu ante Louro e empatou co Mazaricos, e o Porteño como visitante empatou en Muxía, (3-3), venceu en Camariñas, (0-2), e Cee, (1-4).

O Porteño será o terceiro lider consecutivo que chega o Rodeiro, o que se xa é de por si atractivo o encontro que acostuma a arratrar moita afección de ambos equipos e da zona, máis atractivo será ver se os camelláns son quen de derocar a outro lider, ou se os da Ponte do Porto son quen de seguir nesa racha extraordinaria que os ten como o mellor equipo da competición, sen fisuras atrás e con determinación arriba.

Todo eso verase en exclusiva exclusiva mañán Domingo a partires das 16:30 horas, e para os que non a viron, recomendarlle a película de Juan Antonio Bayona, “Un monstruo viene a verme”, co actor principal, Liam Neeson. Extraordinaria película.

Axenda de todo o Fútbol da Costa masculino, feminino e veteranos : PREME AQUÍ

-Axenda de Todo o Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

 

-Foto-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”