MAÑÁN BOTA A ANDAR O NOVO CLUBE DE VETERANOS “ARASOLIS FC”

(Fotos para a montaxe cedidas polo clube)

 

Día histórico no fútbol fisterrán

Mañán 24 de Xullo quedará coma un dos días para lembrar por parte do fútbol fisterrán e por conseguinte do fútbol costeiro, pois comeza a pretempada o Arasolis FC, novo equipo de fútbol veterano fisterrán e que competirá na 1ª Galicia de Veteranos G1 “Costa da Morte”.

É este o segundo equipo de veteranos da “Vila do Cristo, despois do SD Fisterra de Veteranos que xa leva uns anos competindo, primeiro nas extintas ligas de Veteranos da Costa e dende o ano pasado na 1ª Galicia de Veteranos G1 “Costa da Morte” na que quedou 9º polo tano esta tempada haberá derbi fisterrán.

 

 

O novo clube toma o seu nome do campo de xogo fisterrán “Ara Solis” e vestirá con calzón negro e camisola verdibranca. O seu escudo semellante en características ao da SD Fisterra ten o mar e nél o sol poñéndose facendo referenza ao seu nome o “Altar do sol”.

Isma un dos orgañizadores deste novo equipo contanos que ainda que non teñen pechado ao adestrador, están pendentes de pechar a unha das máis grandes estrelas do fútbol fisterrán e da Costa da morte, pero ainda sen confirmar. Polo demáis xuntaron a un grupo de ex xogadores do SD Fisterra que foron na sua garnde maioría grandes xogadores do fútbol costeiro.

Decíanos Isma como xurdeu a idea de facer outro equipo de veteranos na “Vila do Cristo : “A idea xurdeu porque eu xoguei o ano pasado os dez ultimos partidos no Fisterra de Veteranos, e sabía que tiña amigos xogadores de toda a vida dedicándose por eles sós a outros deportes como correr e ciclismo e pensei que como sempre lles gustou o fútbol porqué non os xunto e convenzo a todos e facemos un bo equipo, xa que agora as ligas de veteranos están moi ben organizadas, con liga e copa e selección da costa. Fun convencendo xogador por xogador, e sempre ca axuda de Luis Velay e Eduardo Estévez. Sen eles esto non sería posible. E gracias a que nos xuntamos e traballamos temos un gran equipo”.

O equipo contará cun elenco de ex-xogadores da SD Fisterra que fixeron as delicias no fútbol costeiro coma o propio Isma “Guette”, o meta Perlón, Juan de Elvira, Guardiola, Dudo “Alturitas”,  Cartamil, Rivas, Dudo de “Máquinas”, Munitis, Jesus da “Anchoa”, Nacho, Bebeto, Pana, Mixi, Zeus, Luis do “Prao”, Skio, Aitor o do “Pindo”, Tata, Leo o “Argentino”, Piti “Rojo”, Pistón e teñen por pechar 3 ou catro fichajes máis.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es