MÁIS PUNTOS DE SUTURA QUE NA CLASIFICACIÓN.

Mella atendido no Reina Sofía e a expersión dos compañeiros o velo.

 

Onte o RC Deportivo facíase eco da lesión de Barbero por medio do Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF) que coordina o doutor Alejandro Mejuto confirmou unha lesión no menisco interno do seu xeonllo esquerdo. Por conseguinte, o dianteiro deportivista será intervido mañá martes a cargo do traumatólogo coruñés Rafael Arriaza, informaban dende o clube. Neste caso é unha lesión fortuita pero que suporá máis puntos cos que ten na actualidade o noso equipo, (6).

Pero hai cousas que xa se pasan da raia. Fai un par de semanas Yeremay era cazado por detrás, e sufría unha lesión no peroné. O habilidoso xogador canario xa no primeiro encontro ante o Majadahonda sufrira moitas faltas sen que o colexiado fixese nada para cortalas, e ante o Lugo pasou o que tiña que pasar por outro mal árbitro. Cando caeu lesionado Yeremay no minuto 59 de encontro, o rapáz xa sufrira varias duras entradas, e ademáis varias do mesmo xogador, pero o colexiado non foi quen de protexelo e quen tivo que sair lesionado para un par de meses foi o rapáz e dos que o machacaron nen un veu contra él nen un só cartón, nen por violencia, nen porreiteración.

O derradeiro en caer foi o xove Mella, nun lance do xogo que é vermello direto e no que o colexiado non pitou nada, nen amosou ningún cartón. Como pasou con Yeremay, xa estaban avisados do potencial do rapáz e da sua rapidez, polo que había que paralo como fora, e foi partíndolle o naríz. Xa foi operado o Domingo i está na sua casa co post-operatorio. Tal e como informou o clube, “Mella estará uns días con repouso deportivo e, en función da súa evolución, iniciará a continuación a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso, con protección facial, aos adestramentos co grupo”.

A todo isto hai que falar tamén da expulsión de Lucas, que unha “patadita” en resposta a un cobadazo, e que nen supuxo que o xogador rival caese o chan, supuxo dous encontros de sanción para o de Monelos, que nunca foi expulsado na sua carreira, pero os que lesionaron a Mella e Yeremay non mereceron nin siquera un cartón.

Así estamos con estes desagravios dunhas arbitraxes nefastas neste aspecto, 4 encontros e 4 baixas importantes, e todas de ataque, e 1 gol anulado que era legal e que nos restou 2 puntos. Máis puntos de sutura que na clasificación, ainda que hai que destacar no medio do malo, que o equipo por primeira vez en anos da boas sensacións, falla que se plasmen en puntos e non de sutura.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”