LITOS NOVA INCORPORACIÓN E RENOVACIÓN DE ADRIÁN OTERO NO UD PAIOSACO, NO QUE CAUSA BAIXA ÁLEX DIEGUEZ.

Litos controlando un balón co xuvenil deportivista.

 

Carlos Fernández “Litos” ven de asinar polo UD Paiosaco Hierros Añón, no que tamén renova Adrián Otero. No capítulo de baixas, non seguirán, Álex Dieguez e César Rodríguez. 

Litos chega procedente do RC Deportivo Xuvenil de División de Honra i é un xogador ofensivo que pode manexarse en calquera das posicións de ataque.

Ademáis da fichaxe de Litos, renovaron no equipo de “Peisaco”, que disputará un ano máis a 3ª División : Adrián Otero, Rama, Mallo, Gamallo, Edu Días, Beto, Ventola, Pablo, Juanma, Josiño, Eiroa, Jesús Sayés e Iván Amor. Pola sua banda : Álex Dieguez, Chrístian Iriso, Javi Fuentes, César Rodríguez, Popi e César Cotos, causan baixa de cara ao curso que ven. E no capítulo dos técnicos, Aythami, xogador do primeiro plantel nos últimos 4 anos, troca o terreo de xogo polo corpo técnico de Juan Riveiro para ser o novo preparador físico.

 

Proxecto da 3ª División 2020/21

A Federación Galega de Fútbol traballa na nova Tercera División da temporada 2020/21: pretende que comece en outubro e estea composta por 23 ou 24 equipos divididos nun grupo norte e outro grupo sur.

 

-Texto : piratasdemuxia.es/UD Paiosaco

-Foto : UD Paiosaco

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.