IDA SEMIFINAIS COPA DA COSTA XUVENIL : “SOFÁN E XALLAS VENCEN E DAN UN PASO HACIA A GRAN FINAL”.

O Xallas levouse un encontro complicado ante o Cabana.

 

Sofán e Xallas deron un paso de xigante para meterse na Final da Copa da Costa de xuvenís, en especial os sofanistas que derrotaban aos fisterráns por 1-4. Máis curto é o resultado dos xalleiros pero nestas categorías xa é un resultado moi importante, pero tamén hai que dicilo, a partido de ida e volta pode pasar de todo. Para os que seguides os resultados na web da RFG decirvos que como pasa na Copa da Costa cadete, ainda que xa poñen como clasificados ao Xallas e o Sofán é un erro, polo que puidemos saber tras consultar a algún dos equipos. 

 

SD Fisterra 1-4 SD Sofán

Saeu mellor o equipo sofanista e púxose con 0-2, con goles de Raúl, (23´) e Marcos, (32´). Este segundo gol non afectou os fisterráns que acurtaban distanzas na seguinte xogada, cun gol de Senlle, (34´). Na segunda metade os da parroquia carballesa facían o terceiro por medio de novo de Raúl, (53´). Os fisterráns fóronse arriba, pero vían como de novo Raúl batía a Trillo, (76´), para deixar unha suculenta ventaxa. En liga os fisterráns derrotaron aos sofanistas no Arasolis por 3-2, sendo o único encontro que perderon na liga,e na volta foron os de Sofán, que o final acababan campións nunha dura loita co Xallas impoñéndose por 1 punto, os que vencían os fisterráns por 6-3.

 

Xallas FC 2-0 Cabana SD

Complicoulle as cousas o equipo cabanés ao xalleiro que se adiantaba a media hora de xogo cun tanto de Marcos, resultado co que se chegaba o descanso. A segunda metade foi xogada de poder a poder ca incertidume da esxcasa renda. Non foi ata o desconto cando chegaba o gol de Javi, para deixar unha boa ventaxe de cara a volta, pero vista a disposición de ambos equipos non hai nada decidido. Na liga o Cabana derrotaba aos xalleiros por 1-2, sendo un dos 2 encontros que perderon en toda a liga, e nas Redondas vencían os de Santa Comba por 0-2. O Xallas quedou subcampión de liga 1 punto por debaixo do Sofán.

 

ENCONTROS DE VOLTA

SD Sofán-SD Fisterra

Sábado 13/05/2023 ás 18:30 horas

Cabana SD-Xallas FC

Sábado 13/05/2023 ás 18:30 horas

 

-Foto e Texto : Xosé Búa : “Pirata”