Rematou a fase de grupos do “I Torneo FEPEDEPOR PlayStation FIFA20” que orgañiza a Federación de Peñas Deportivistas xunto co XPeSports e a colaboración do RC Deportivo. Trasesta fase no día de hoxe dende ás 12:00 horas terá lugar o sorteo das primeiras eliminatorias na que entrarán nun bombo tódolos primeiros e no outro os segundos. Podes seguilos na canle de Twitch : https://m.twitch.tv/fifa20cuarentena/profile
A nosa peña “Os Piratas de Muxía”, que xogou no Grupo D contra Peña Deportivista Bebel de Guitiríz, que acabou primeira de grupo, Peña Deportivista Arlanzón de Burgos, (2º), Peña Deportivista Deivy, (4º) e Peña Miau Miua de Barcelona, (5º), xogaba onte ante a peña de Barcelona con vítoria de Roi por 1-6, e ca sensación de poder haber chegado máis lonxe. Polo tanto a nosa participación acabou con 2 vitorias e 2 derrotas, con 6 puntos, 13 goles a favor e 6 en contra.
O noso xogador derrotou na primeira xornada ante a Peña Deivy, (0-4), o segundo ante os de Guitiríz, (3-2), o terceiro ante os burgaleses, (2-1) e o derradeiro no día de onte ante os barceloneses, (1-6). Foi clave o encontro ante Arlanzón, un choque que decidía quen dos dous pasaría e no que tras levar gran parte do encontro gañando, 0-1, e ter o encontro controlado e sen pasar apuros, duas xogadas puntuais deron o trunfo aos do interior. Tamén houbo opcións de igualar con Bebel que foi superior ata o 3-1, para logo ter nós o dominio ata o final con moitos minutos, ca sensación de que se podía empatar, pero sen chegar a ter ocasións craras. A nosa máis cordial noraboa a todos e a felicitación a Federación de Peñas Deportivistas por orgañizar este evento que está a ser extraordinario e do cal vos seguiremos informando
CLASIFICADOS POR GRUPOS
GRUPO A
Peña Intercacional, (1º) e Meseta Branquiazul, (2º)
GRUPO B
Peña Barceloña e Chamberí Blanquiazul
GRUPO C
Orgullo Koruño e Peña Centenariazo
GRUPO D
Peña Bebel Guitiríz e Peña Arlanzón
GRUPO E
A Tablilla e Rouba Risóns
GRUPO F
Noroeste Turko e Peña Bierzo
GRUPO G
MG Betanzos e Pablo Amo Verín
5ª XORNADA
-Canle para ver os encontros : https://m.twitch.tv/fifa20cuarentena/profile
“O noso maior desexo de que para todos sexa un divertimento, sorte a todos, e que seguro que vai ser un éxito que alentará máis edicións…Forza Depor sempre!!!”.
-NA NOSA WEB IREMOS DÁNDOVOS CADA DÍA TÓDOLOS RESULTADOS O REMATE DA XORNADA-
Hai peñas que teñen a sua propia canle de Twitch e retrasmitirán os seus encontros por eles, sempre que non sexa un dos encontros que televisa online XPeSPORTS.
-ID PARTICIPANTES-
BASES DO TORNEO FEPEDEPOR FIFA20
*Tras a recepción das inscripcións, o día de comezo do Torneo será o Sabado 25/4. Os emparellamentos e horarios serán indicados ós participantes a través do email no que remitiron as inscripcións, se non hai problemas de conexións o primeiro partido de cada xornada comezará ás 20h salvo día das Semifinais, (Sábado) que será ás 19h.
*A modalidade de competición se modifica debido á cantidade de participantes. Para ampliar a experiencia dos xogadores e que a súa participación non se vexa reducida a xogar soamente un partido de eliminatoria no caso de perder, as Peñas agruparánse en
4 grupos de 6 e 4 grupos de 5 xogadores. A final xogarase o Domingo día 3 de Maio.
Os emparellamentos cos xogadores do R.C Deportivo serán a modo de exhibición e informarase do horario exacto para a súa celebración nesa fin de semana.
*O límite de idade vese modificado respecto ó indicado nas bases a un mínimo de 13 anos, idade mínima que marca o PlayStation para posuir unha conta persoal.
*Actualízase a modalidade de xogo , será Partido Amistoso Online, polo que se xogaría a Gol de Ouro o desempate en caso de igualdade no marcador ó rematar os 90 minutos reglamentarios.
* En relación á duración dos partidos se contempla que as semifinais e a final duren 20 minutos cada parte.O resto de emparellamentos serán de 6 minutos por parte.
* Non cabe elección de equipo distinto ó R.C.Deportivo da Coruña cun nivel medio de 85 en habilidades.
*O terceiro clasificado terá como recompensa un modelo exclusivo de camiseta e bolsa de man por xentileza de A Costureira. Celebrarase un partido entre os perdedors das semifinais para decidir o teceiro posto.
*A emisión en directo é competencia exclusiva de FIFA20CUARENTENA a través da plataforma de XpeSports en Twicht.tv que dará sporte técnico, retransmisión e de promoción ó Torneo durante toda a semana.
O Torneo está organizado pola Federación de Peñas ca colaboración do R.C Deportivo da Coruña e ten un carácter totalmente lúdico e recreativo, para axudar a pasar dun xeito máis ameno estas semanas de confinamento e cuarentena.
Trátase dunha invitación aberta a tódalas Peñas que forman parte da Federación a participar nesta competición virtual, as cales deberán nombrar un representante único por peña, sen límite de idade.
REGLAS DA COMPETICIÓN
Unha vez finalizada a recepción das inscripcións, farase o sorteo de emparellamentos tamén dun xeito virtual ca ferramenta de challonge.com . Para o correcto desenvolvemento do Torneo fixaránse horarios que se axeiten ós dous contrincantes.
O modelo de xogo do torneo será o de Partido Único Online, cunha duración de 6 minutos por parte. Se terminara en empate, pásaríase a prórroga e penaltis, evitando o gol de ouro.
Os partidos serán eliminatorios e determinarán o avance de cada equipo na competición.
Para evitar a diferencia de nivel entre equipos, tódalas plantillas poñeránse a nivel medio 85. Recoméndase a elección do Deportivo na elección de equipos dada a natureza do torneo.
Permítese realizar cambios tanto na táctica como dos xogadores sempre e cando o partido esté parado (descanso, faltas,etc) para así non entorpecer o ritmo do torneo.
Para que a idea de pasar unhas xornadas amenas e divertidas poida ser disfrutada por tódolos seguidores, os partidos retransmitiránse pola canle oficial da Federación de Peñas que ten na plataforma YouTube. Os xogadores deberán seguir as pautas para a emisión en directo da cada partido nesa canle, para o que se lle ofrecerá a información necesaria.
PREMIOS
A Organización do Torneo contempla premios para os dous finalistas:
Gañador: Camiseta do RC.Deportivo da Coruña e exención de pago de cuota da Peña para a próxima tempada.
Segundo clasificado: Exención pago da cuota da súa Peña para a próxima tempada e xogo de camisetas #Aunión e #Aforza
Os dous finalistas xogarán cadanseu partido amistoso con dous xogadores da primeira plantilla do R.C.Deportivo da Coruña.
Animamos a todas as Peñas a participar e disfrutar desta iniciativa, esperamos as vosas solicitudes. Asímesmo, aproveitamos para enviarvos un saúdo e aperta grande para levar o mellor posible e entre todos esta pandemia que nos está a afectar.
Os datos ofrecidos polas peñas so teñen carácter identificativo e se usarán exclusivamente para a correcta celebración do torneo. Tal e como reclama o posuidor da licencia do xogo debemos indicar que “nin Electronic Arts Inc. nin os seus licenciantes están afiliados a este torneo e tampouco o partocinan”.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Federación de Peñas RC Deportivo
-Datos : XPeSPORTS
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.