HOXE COMEZA A ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA PARA RENOVAR OS CARNETS DE SOCIO DO RC DEPORTIVO.

 

A campaña de abonos do Dépor 2021-2022, “Mucho Vivido, Moito por Vivir”, inicia unha nova etapa, a da atención persoal na Oficina de Atención ao Deportivista das socias e socios que, por causas de forza maior, non poidan renovar os seus abonos a través do servizo online, ou telefónico habilitado para as renovacións.

En calquera caso, para ser atendido presencialmente na OAD do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) é imprescindible pedir cita previa en citaprevia.rcdeportivo.es para elixir o día e hora no que se desexa acudir á Oficina para realizar os trámites. A atención presencial, sempre con cita previa, iníciase hoxe luns 16 de agosto.

Xusto dentro dunha semana, o luns 23, comezará a atención presencial ás socias e socios que desexen cambiar o seu asento dentro dos dispoñibles no Estadio ABANCA-RIAZOR. Este trámite só pode facerse presencialmente e tamén é condición indispensable solicitar cita previa en citaprevia.rcdeportivo.es 

Outra das xestións que se pode realizar na Oficina de Atención ao Deportivista é a renovación do carné do Deportivo con financiamento por parte de ABANCA. Para iso, ademais da cita previa, é necesario acudir co DNI e o número de conta bancaria para domiciliar os recibos.

Ademais de todas estas novidades presenciais, a campaña de abonos do Dépor 2021-2022 continúa aberta as 24 horas do día aquí:


Cambiar imagen

 

Polo momento non se realizarán altas de abonos con localidade

ata que se garanta o aforo a todos os abonados da Temporada 20/21

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : RC Deportivo