HORARIOS E DATAS DAS DUAS PRIMEIRAS XORNADAS DA 1ª RFEF…FOOTTERS…NOVAS ALTAS DE SOCIOS.

 

A RFEF ven de anunciar os horarios oficiais das duas primeiras xornadas da 1ª RFEF. O Depor tería que recibir ao DUX Internacional de Madrid o vindeiro sábado 27 de Agosot, algo que non vai a suceder. 

A RFEF data este encontro para o sábado ás 19:30 horas, (17:30 GMT), polo que ainda que o clube madrileño non se presente, o equipo deportivista terá que facelo coma se se fose a xogar, así coma o trío arbitral. Esperarán uns minutos e despois o colexiado principal decretará incomparecenza.

A todo esto e ainda que lle den o encontro gañado ao noso clube por 3-0, e os 3 puntos, os que somos socios, de inicio xa perdemos un encontro, habendo pagado por toda a tempada, cousa que non é culpa do clube, senón do ente federativo e a sua incompetenza neste problema.

 

 

Footters voltará a dar a liga

Todo apunta segundo os mentideiros deportivos, que Footters voltará a dar a liga. O ente federativo ainda non anunciou nada a 5 días do inicio da liga. Esperemos que se esto é certo e a canle deportiva online, aprendese dos erros da pasada tempada, que foron moitos e groseros, con toda clase de impedimentos para ver un encontro en condicións, malos comentaristas, agás Matías Palacios, e peores repeticións das xogadas, ou inexistentes en xogadas polémicas. Se esto vai adiante, moi probable que a TVG2 se faga cos encontros da casa, algo que para os que somos socios, non é ningunha axuda.

 

Esgotada a grada de “General”

Un dato inocuo, se temos en conta que esta grada, a da animación, a dos Riazor Blues, sempre está esgotada, pois todo son socios, salvo algunha defunción, ou impedimento para seguir indo o estadio, por motivos de forza maior, pero o importante desta nova é que comezou o periodo de novas altas, e que todo apunta a que voltaremos a ser máis de 20.000, pois a semana xa pechaba con preto de 16.000 socios renovados.

No día de hoixe segundo comunica o RC Deportivo : “Xa hai 16.463 #Deportivistas comprometidos co #Dépor2223, deles 904 como Soci@ Amig@, 257 como Nen@ Dépor e 2.296 co seu ADN Deportivista, gozando dun desconto do 50% no carné”.

 

-Fotos xornadas : RFEF

-Foto estadio : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia