FITO HISTÓRICO : GALICIA CAMPIONA DA “XII COPA DAS REXIÓNS UEFA” O DERROTAR A ANDALUCÍA POR 0-2..

XII Copa das Rexións UEFA

-Gran Final-

 

Galicia campiona de España das Rexións UEFA.

Selección Andaluza 0-2 Selección Galega

PINCHA AQUI PARA VER A ESCOLMA DE FOTOS

Un 11 de marzo para a historia. A Selección Galega de Afeccionados proclamouse na Cidade do Fútbol de Las Rozas, un escenario para os elixidos, campioa da XII Copa das Rexións UEFA. O combinado galego que prepara Iván Cancela alcanzou a gloria tras doblegar na gran final á potente Andalucía (0-2) grazas aos goles nesta gran final de Carlos López e Yelco. Nomes propios aparte, e ao igual que acontecera na semifinal ante Baleares, o equipo foi máis equipo que nunca e outra vitoria coral serviu para que o tan desexado trofeo viaxe cara a nosa terra. 

En Madrid repetiuse a mesma historia de fai 10 anos. Entón, na tempada 2009/2010 e en Portonovo, a Selección Galega conquistara a súa primeira Copa das Rexións UEFA tras derrotar na gran final precisamente a Andalucía. No 2020, os nosos voltan a facer historia.

A gran final foi un cúmulo de sensacións. De inicio o respecto entre os dous equipos foi a nota predominante. Os nosos eran conscientes de que debían de facer un partido longo, ir madurando a contenda para tentar así facer dano o colectivo andaluz.

O elenco dirixido por Iván Cancela optou por esperar a súa oportunidade e buscar o tesouro á contra. E precisamente así chegou a primeira chegada clara da gran final. Tivo Adri Castro o 0-1 nas súas botas no minuto 8, pero o seu disparo no man a man co gardameta andaluz marchouse fóra por moi pouco.

A igualdade seguiu sendo a tónica predominante, aínda que Galicia atopábase máis cómoda sobre o terreo de xogo. Os nosos esperaron o seu momento e en dous momentos psicolóxicos dinamitaron a gran final. Xusto antes do descanso, no minuto 43, Carlos López puxo por diante a Galicia ao aproveitarse dun rexeite coa cabeza do gardameta andaluz Francisco. A Selección Galega golpeaba primeiro e marchaba ao descanso dominando no electrónico.

E se o gol de Carlos foi psicolóxico, o golpe para Andalucía aínda foi peor no minuto 49 do envite. Na primeira chegada clara de Galicia na segunda parte apareceu Yelco para anotar o 0-2. O futbolista galego finalizou unha contra de libro para achegar a Galicia ao tan ansiado título.

Andalucía acusou o dobre golpe e Galicia xogou o resto da segunda parte co crono. As altas temperaturas na capital de España, uns 25 graos, e o desgaste físico das semifinais empezaron a facer efecto nas pernas dos xogadores.

Malia ao esforzo, o combinado galego non baixou a garda e mantivo a súa seriedade e concentración para alcanzar a gloria. Somos campións de España. Isto vai para todo o fútbol galego.

Un 11 de marzo para a historia do noso deporte rei.

 

Ficha técnica

 

Andalucía: Francisco, Mario Sánchez (J. Luis Cárdenas, min. 55), Alejandro Carmona, Adrián Paz, F. Javier Misffut, José Luis Vergara, Juan Gómez, Jordi J. Scigliotti, Joaquín del Moral, Alejandro del Río e Pablo García.

 

Galicia: Cortegoso; Jesús Varela (Adri Gómez, min. 59), Abel, Iago López, Aarón; Uzal, Samu; Yelco, Carlos López (Diego, min. 77), Martín Lamelas; e Adri Castro (Iker Hurtado, min. 63).

 

Árbitro: Amosou cartón amarelo a Adrián Paz por parte local e a Abel, Uzal e Jesús Varela polos visitantes.

Goles: 0-1, Carlos López: min. 43. 0-2, Yelco: min. 49.

Cidade do Fútbol de Las Rozas.

 

“A nosa máis cordial noraboa a tódolos que conforman a Selección Galega en especial ao adestrador Iván Cancela e aos xogadores da nosa zona, por este trunfo histórico”.

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : César Méndez/RFGF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.