FICHAXES, RENOVACIÓNS, ASEMBLEAS, BASE…CF DUMBRÍA, CAMARIÑAS FC, MUXÍA CF, UC CEE, BERGANTIÑOS FEMININO…

Dani Chao volve ao CF Dumbría

Dani Chao, tras facer grandes cousas na base do CF Dumbría, enrrolouse no Calasánz, para seguir progresando na sua carreira, e agora volta xa para xogar no primeiro equipo na 1ª Galicia. Os dumbrieses tamén asinaron para a 2022/23 a, Diego estévez, procedente do SD Fisterra, o meta Carlos, que xa estivo nas categorías inferiores dumbriesas, e Dani Yerva. No capítulo de renovacións, seguen : Lucas Toba, Xabi, Mario, Brais Fernández, o meta Ánxo, Mataso, Capelo, Kanario, Pablo Paz, Rivi, Code, Marcote, e Álex Sendón. Causan baixa, o coordinador de base, Óscar Leis, e o xogador Berto, que se vai o Somozas.

 

O Camariñas FC ficha o meta Jorge

Comezou o Camariñas FC, (Liga da Costa), que preside Vicente Carril, dende toda a sua existencia, coa fichaxe do adestrador Juan Cabrejo, para logo anunicar o seu segundo, Pepucho,. Despois viñeros as renovacións de Mouriño, do meta Pablo Novo, e a de Saviola. Agora veñen de fichar ao meta, Jorge, que tras militar en categorías superiores volta a casa.

 

O Muxía CF anima aos nenos a apuntarse os seus equipos de base

Campaña do Muxía CF para animar aos nenos do concello e da zona a apuntarse aos equipos de base, nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Os nenos nados antre os anos 2013-14, (inclusives), poden apuntarse aos benxamíns. Antre o 2011-12, a alevíns, 2009-2010, infantís, 2007-2008, cadetes e 2004-2006, xuvenís.

O ciontancto para calquer dúbida despexaranllo no 606 816 086, ou por medio das redes sociais do clube.

 

Asemblea do UC Cee o vindeiro mércores

Este vindeiro mércores 27 de Xullo, terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do UC Cee, 8Liga da Costa), na sede do clube, sita no antigo instituto 2Agra de Raices”. A primeira convocatoria da cita será ás 20:00 horas, e media hora máis tarde a segunda. Nesta xuntanza cos socios farase balanzoi económico e deportivo da pasada tempada, así coma o planeamento da 2022/23 e os rogos e preguntas dos socios.

 

Alba Villar e Sara Pita renovan co Bergantiños Feminino

O Bergantiños FC informa que segue a dar forma ao proxecto da nova temporada do noso Feminino. E nese traballo que se está a realizar as nosas xogadoras Alba Villar e Sara Pita firman por unha tempada máis para continuar escribindo grandes páxinas na historia do Bergantiños. Un ano máis as dúas xogadoras seguen a confiar en nós e defenderán a camisola vermella no centenario do Bergantiños.

 

Plan Competicional para o Fútbol Base Galego

PREME AQUÍ

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

-Foto : CF Dumbría

-Texto : piratasdemuxia