Co slogan “Deportodos”, Fernando Vidal presentou os que serán os seus conselleiros de cara a loita pola presidencia do RC Deportivo, na ata o de agora única candidatura que se presentou e da única que hai polo de agora noticia.
Estes son os valores que presenta o candidato no seu proxecto
Compromiso
Cos nosos valores, o noso escudo e as nosas cores.
Por vibrar con nuestros equipos y disfrutar con pasión de cada minuto en la grada de Riazor.
Orgullo
Por ser do deportivo e sentirse parte do club.
CANDIDATURA
Fernado Vidal
Presidente de Maritime Global Services, conselleiro da maior naviera española e presidente da AEEA. Foi atleta do RC Deportivo entre 1.976 e 1.988. Membro do Consello de Administración do RC Deportivo entre 2.014 e 2.017 e presidente do Oar Ciudad de Balonmán entre 1.999 e 2.007.
Estes son os homes do presidente :
Miguel Otero Santín
Abonado Dépor nº 3.015. Coruñés e Diplomado en Relacións Laborais, é experto en fiscalidade, e na actualidade exerce profesionalmente como consultor empresarial e asesor en exportación de produtos de mar. Como deportivista exerceu como Presidente Federación Penas RC Deportivo e estivo vinculado ao CD Lugo como conselleiro.
Ricardo González Fernández
Accionista e socio nº 25.969 Empresario e traballador activo en prol e defensa dos intereses da migración galega no mundo. Vinculado ao mundo do fútbol, presidente e máximo accionista do Real Esppor Club de Venezuela. Vicepresidente de Estudantes de Caracas amplo coñecedor e con relacións no fútbol suramericano. Accionista importante do Real Club Deportivo e ligado ao deportivismo sentimentalmente do cal é accionista importante desde o 2005. No 2008 organizou a xira o equipo branquiazul a Venezuela.
Juan Antonio Armenteros
Trátase dun accionista e socio número 1.874 do Dépor. É avogado de profesión e exerce como Socio Director do bufete Armentero Avogados. Ademais, é membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña.
José Luis Queijeiro
Falamos dun accionista e socio número 677 do Deportivo. É un empresario que tamén se desempeña como Director de Riscos en banca.
Manuel José Vazquez
É un accionista e socio número 546 do Dépor, con gran experiencia en multinacionais como Aluminios de Galicia, Endasa, Alcoa e Sapa. A súa vinculación co mundo do fútbol vén desde que era novo e ademais, desde 2009 exerce como presidente da Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña.
Federico Garcia Poncet
Tamén accionista, é o abonado número 961 do Deportivo. É socio director da empresa tecnolóxica Pululart, conselleiro da empresa Viaxes e Cruceiros Crucerator e colaborador en diferentes medios de comunicación locais e nacionais. Así mesmo, foi vicepresidente da Real Sociedade Deportiva Hípica da Coruña entre 2005 e 2013.
Neste enlace podes ver o proxecto de Fernando Vidal : https://www.deportodos.es
–Fotos : Candidatura Fernando Vidal
-Texto :piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.