ESTE VINDEIRO VENRES “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” O “CAMPO DO SINDE” ACOLLE A FASE FINAL DO “CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS FEMININAS E MASCULINAS SUB 14 E SUB 15”.

 

-O “Municipal de Sinde”, (O Val-Narón) acolle a Fase Final do Campionato Galego Feminino e Masculino Sub 14 e Sub 15 o “Día das Letras Galegas”-

 

Este vindeiro venres 17 de Maio, “Día das Letras Galegas”, o “Municipal de Sinde”, (O Val-Narón), acolle a Fase Final do “Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub 14 e Sub 15, Feminino e Masculino”. As seleccións de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo loitarán polo trono galego das categorías. Abre a nova ao completo e poderás ver os calendarios e toda a información dos encontros que nos achega a RFGF.

A fase final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais xa está aquí. O campo de fútbol municipal de Sinde, en O Val (Narón), converterase no epicentro do balompé de canteira autonómico este venres día 17 de maio, o Día das Letras Galegas, con motivo da disputa das dúas semifinais, tanto masculina como feminina, e da gran final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub 14 femininas e sub 15 masculinas.

 

Tras a celebración da segunda fase desta cita autonómica en Valga o pasado día 15 de abril, as seleccións que lograron certificar o billete para a fase final foron A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo, tanto na categoría masculina como na feminina.

 

O próximo 17 de maio coñeceremos aos novos campións galegos en O Val (Narón). As semifinais, tanto masculina como feminina, celebraranse pola mañá: unha ás 11 e outra ás 12.15 horas. As batallas finais terán lugar pola tarde ás 17.45 horas. Ás 16.30 horas tamén terá lugar a loita polo terceiro e cuarto posto.

 

Entrada de balde

O acceso ao Campo Municipal de Sinde será completamente gratuíto durante toda a xornada e para esta última gran cita a Real Federación Galega de Fútbol conta co apoio importante da SD O Val, que abrirá as portas da súa casa para a disputa de esta fase final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-