ESTE SÁBADO E DOMINGO XÓGANSE OS DOUS ENCONTROS SUSPENDIDOS DA DERRADEIRA XORNADA DA 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2.

 

Aproveitando que o Fútbol Feminino da costa e con equipos da costa descansa esta semana, mañán sábado 2 de Marzal e pasado mañán Domingodía 3 xogaranse a partires do mediodía os dous encontros da 20ª xornada da 3ª División Galega Feminina Grupo 2 que foron suspendidos en ambos casos pola acumulación de auga no campo de A Picota, (Mazaricos) e anexo do Julio Mato, (Noia). O Corme que continua de lider xa que o Dumbría nesta xornada descansaba i era o único que podía desbancalo, buscará unha vitoria ante o Noia B para seguir con terra de por medio e ampliala, ainda que cun encontro máis cos dumbrieses, e o Noia pode subir da penúltima praza sempre que non perda, e pola sua banda o Mazaricos buscará ir arrimandose máis ao Ponteceso, (4º), que o supera en 6 puntos e o Beragntiños acercarse a 7ª praza.

O Choque antre o CF Mazaricos e o Bergantiños FC B será dirixido por Óscar Santos no campo de A Picota a partires das 12:00 horas do sábado 2 de Marzal e o encontro do CF Noia B e o Corme CF xogarase o Domingo 3 de Marzal a partires das 12:15 ca arbitraxe de Mar Thiaw . 

Mañán a primeira hora colraemos a axenda de todo o fútbol da costa senior masculino e feminino e de veteranos.

 

 

-Con asterisco os equipos cun encontro menos por suspensión.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”