ESTE DOMINGO COMEZA O FÚTBOL FEMININO PARA OS EQUIPOS DA COSTA, CA PORCADA DE QUE NON ESTÁN TODOS NO MESMO GRUPO.

Corme e Dumbría debutan pero non estarán no mesmo grupo.

 

Este vindeiro Domingo 2 de Outubro do 2022 comeza para o fútbol costeiro unha tempada histórica, coa maior representación nunca vista. Están todos eles na 2ª División Feminina Galega, pero o que é unha auténtica porcada, é que os equipos da costa, non estén todos nun mesmo grupo.

UD Cerqueda, Ponteceso SD e Corme CF, estarán no Grupo 2.  CF Dumbría, UC Cee, CF Mazaricos, Xallas FC, ED Os Miúdos, estarán no Grupo 4.  

 

1ª Xornada

Grupo 2

Brexo Lema SD-UD Cerqueda, 02/09 ás 18:00 horas

SE Abella SDEC-Ponteceso SD, 02/09 ás 16:00 horas

Corme CF-Sporting Burgo, 02/09 ás 18:00 horas

Grupo 4

AD Nicraniense-CF Dumbría, 02/09 ás 12:15 horas

CF Vista Alegre-UC Cee, 02/09 ás 18:30 horas

CF Mazaricos-Xallas FC, 02/09 ás 12:30 horas

SR Calo-ED As Miúdas, 02/09 ás 12:00 horas.

-Foto : Fin Lema

-Texto : piratasdemuxia