ESPECTACULAR A RESPOSTA DA CHAMADA DO MUXÍA CF PARA FORMAR EQUIPO FEMININO CON 30 RAPAZAS NO PRIMEIRO ADESTRAMENTO.

Unha trintena de rapazas fixeron o primeiro adestramento co Muxía CF.

 

Fai unha semana facíamonos eco do novo proxecto do Muxía CF que quería formar equipo feminino para a 2023/24, e todo apuntaba a que non habería problema, sabendo que hai moitas rapazas muxianas que xogan no “exilio” ao non haber equipo na Vila daBarca e a que moitas quedaron ca inquedanza de seguir xogando tras completar o seu periplo ata cadetes no fútbol base ata cadetes, pero nunca pensamos que en tan pouco tempo a resposta ía a ser tan impresionante pois foron 30 as que se presentaron para o primeiro adestramento, e que de seguro que fará que se animen máis, e podería a chegar a haber un equipo de base.

Esta sería a primeira vez na historia que Muxía conta cun equipo feminino de fútbol. A única experienza en deporte feminino colectivo que tivo a Vila da Barca, foi equipo de balonmán a comezo da década dos 80.

Tamén o SD Fisterra e a Escola de Fútbol “Juan Cabrejo” lanzaron a mensaxe as rapazas para facer equipo a vindeira tempada e unirse a, UC Cee, ED As Miúdas, Corme CF, UD Cerqueda, Ponteceso SD, CF Dumbría, Xallas FC e UD Corcubión no fútbol da costa feminino, que está a crecer de maneira impresionante nos derradeiros anos. Mesmamente e para seguir con este crecemento o CF Dumbría traballa no proxecto de poder competir a vindeir tempada na base cun equipo cadete.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Muxía CF