ESCOLMA DE NOVAS DO FÚTBOL BASE DA COSTA

FÚTBOL BASE DA COSTA
-Escolma de novas-

EMF Vimianzo campión dos Benxamíns da Costa G5.

 

UC Cee Infantil, EMF Vimianzo e SD Fisterra Prebenxamín, campións

-O FC Camariñas Xuvenil retírase da Copa-

-O Deportivo Infantil campión da Liga Galega Infantil-
 
 Tarde de campións a de onte sábado na que o UC Cee tras derrotar ao SD Sofán por 3-6 proclamábase campión da 1ª Autonómica Infantil G2, (Infantís da Costa). Os ceenses leváronse o título por golaveraxe, acabando o CF Dumbría Infantil, segundo cos mesmos 82 puntos dos ceenses. No que se refire a liga de Benxamíns da Costa G5, o EMF Vimianzo proclamábase campión, tras derrotar por 14-1 ao SD Ponteceso. Os vimianceses gañaron os 10 encontros disputados acadando 30 putnos con 106 goles a favor e tan só 14 en contra. Na segunda praza quedou o FS As Baleas con 22 puntos. Andan cabreados no clube vimiancés por que segundo nos dín : “Debido a unha disputa entre intereses federativos ponse en duda a nosa participaciòn na pròxima Copa da Costa”. Por último no que se refire a campións, en Prebenxamíns da Costa, (Grupo único), proclamábase campión o SD Fisterra, tras derrotar por 1-13 ao ED Os Miúdos “B”. Os rapaces da “Vila do Cristo”, sumaron por vitoria os 16 encontros disputados, con 48 puntos e 143 goles a favor e tan só 9 en contra, quedando na segunda praza o SD Sofán con 43 puntos. No que se refire aos xuvenís que onte xogaban a derradeira xornada de liga, infórmannos dende o FC Camariñas, que o seu equipo xuvenil non disputará a Copa da Costa, polo que o Xallas FC que se debería enfrontar a eles pasa de rolda. Nesta categoría o ED Os Miúdos xa se proclamou campión a pasada semana e nesta non xogaba debido a que o SD Soneira non tiña xogadores suficientes para afrontar o encontro no que os muradáns querían celebrar ca sua afección o título…
 
A nosa máis cordial noraboa aos campións UC Cee Infantil, EMF Vimianzo Benxamín e SD Fisterra Prebenxamín, e a tódolos que forman os clubes. E tamén a nosa noraboa ao CF Dumbría Infantil, pois perder unha liga por golaveraxe é algo moi duro, pero tamén son campións. Tamén darlle a noraboa ao Deportivo Infantil que se procvlamou campión da Liga Galega Infantil. Un equipo no que hai rapaces da costa…Durante a semana faremos un especial de cada un dos campións.

 

-XUVENÍS DA COSTA-
34ª XORNADA
(Derradeira da liga)
04/05/2019
 
CD Baio 3-1 FC Camariñas
SD Fisterra 11-0 Xallas FC
Cabana SD 4-4 SCDR Esteirana
ED Os Miúdos-SD Soneira, (Suspendido)
SD Laxe 11:00 SD San Lorenzo
Outes CF 4-2 SD Ponteceso
UC Cee 5-0 Sporting Zas
Descansan : Corme CF e SD Sofán

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-