ENTREVISTA : NANDO, NOVO ADESTRADOR DO MUXÍA CF : “APOSTAMOS POR ESTE PROXECTO CON MOITA ILUSIÓN”.

Fran, (esq) e Nando o día da presentación.

 

A pasada semana o Muxía CF desvelaba quen ía a ser o novo inquilino do seu banco, tras despedirse do clube muxián Diego Lobelos, que facía tandem con Óscar Leis. O fisterrán volta o equipo do seu pobo e o de Lariño, non sabemos se comezará novo proxecto individual.

O novo adestrador dos da Vila da Barca, é o ceense, Fernando Alejandro Waldomar, máis coñecido cono Nando, e o seu carón estará o muxián Fran “Pioto”, ex adestrador, xogador, e o que faga falta, no clube muxián, e no deporte da bisbarra. Ambos tratarán de seguir co crecemento que tivo o clube muxián que milita na 2ª Galicia Grupo 2, a que se lle chamou toda a  vida a Liga da Costa, quedando subcampións dous anos seguidos e as portas do ascenso, así coma unhas semifinais da Copa da Costa e desta volta uns cuartos.

Catalogan a Nando os que o coñecen como “un enfermo do fútbol”, no bo sentido do adxetivo, “persoa humilde e moi metódica, a que lle gusta desarrollar bo fútbol”.

Nando leva máis de 20 anos polos banquillos da costa, en especial no fútbol base, pero tamén en adultos.  Dirixeu equipos en Cee, Dumbría, Carnota, Corcubión, Fisterra… Así como, en varias ocasións, nos Campus do Depor e na Escola de Tecnificación e formación da Fundación do Atlético de Madrid que se desenvolveron pola nosa zona. E algo que lle fixo moita ilusión, “o orgullo de axudar, da mesma forma que o resto de seleccionadores, á Selección dá Costa para que os nosos nenos puidesen competir cos mellores xogadores de Galicia gozando do fútbol”, coméntanos Nando.

O novo adestrador dos muxiáns recibeu a chamada do clube por parte do seu presidente Juan José Busto, e tras unha xuntanza con toda a diretiva na que se puxeron sobre a mesa o que se quería eo que se podía ofrecer, Nando e aceptaron, “apostar por este proxecto con toda a ilusión”.

O pasado venres cando o clube nos confirmaba a contratación do duo que vai a rexir o equipo na vindeira tempada, mantiveron unha xuntanza cos capitáns do equipo. Nando decíanos sobre esta xuntanza que : “A reunión cos capitáns foi moi produtiva, o fin da xuntanza ademáis de coñecernos era para que nos informasen de primeira man de calquera dúbida que tivesen, e nós explicarlles o que pensamos que hai que facer para poder competir da mellor maneira esta próxima tempada”, pola sua banda Michael Vilela, un dos capitáns veteranos do equipo apuntaba que lle, “gustaba a idea de fútbol que nos plantexou, e a ver se se leva a cabo e poder seguir crecendo o equipo”.

Coa incorporación de Nando e Fran “Pioto”, ademáis o clube da Vila da Barca incorpora a dous expertos no fútbol base, a hora de adestrar e dirixir, con moitos anos de carreira e ademáis coñecedores de moitos dos rapaces, (hoxe xa homes), que compiten nos diferentes clubes da costa.

O Muxía FC está de descanso trala eliminación na mesma semana da Copa da Costa e da loita polo ascenso a 1ª Galicia G2, en gran medida pola grande cantidade de lesionados que acumulou neste derradeiro e decisivo tramo da tempada. 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.