EMPEÑADOS EN XOGAR COS NOSOS CORAZÓNS.

 

No día de onte non vos puidemos trar a crónica do encontro antre o Depor e o Marino de Luanco, ao estar con traballos de mantemento na web, que nos impedían subir nada, tal e como xa vos informamos o pasado sábado. O encontro pouco tivo que contar, se se pode slvar algo positivo, ademáis do punto o gran traballo unha vez máis de Diego Villares, que ademáis foi o que tivo as duas ocasións máis craras, pero tal e como apuntábamos días atrás nun artigo de opinión, a este equipo, faltoulle e segue a faltarlle gol, mellorou, un chosquiño na creación, pero segue a ser moi escasa.

O choque foi dos que nos ten acostumados a sufrir o noso equipo, cáseque en tódolos encontros que xoga fora. Na parte negativ, ademáis de perder a ventaxe, o liderato, a lesión de Keko Gontán, que hoxe adestraba aparte dos compañeiros. A sua baixa sería moi sensible para o equipo, pois é o único que marca diferenzas no xogo de ataque.

Perdeuse unha ocasións de ouro de completar a participación na vindeira tempada na 1ª RFEF, e agora toca coma cada ano sufrir. Volta a lembranza de choques coma o do Extremadura, que podería deixar zanxada a permanenza na 2ª División, a fai poucos días o choque no Zamora CF, ao que se lle gañou pero non acompañaron os resultados para pasar a fase do Play-Off de ascenso, e agora primeiro a mirar para a Malata, onde  unha vitoria do Ferrol sobre o Numancia, poñeríalle en vantaxe a permanenza ao Depor se é quen de derrotar o UP de Langreo.

Un empate antre ferroláns e numantinos, tamén sería suficiente, derrotando o Langreo, e unha derrota nosa, ou a vitoria dos numantinos faría que na derradeira xornada en Soria, houbese que empatar ou gañar, dependendo de se se lle gañase ou empatase cos astures o Domingo.

Malo cando a estas alturas hai que estar a meter contas, xa que estes están empeñados en xogar cos nosos corazóns.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo