Scaloni emocionado, xunto aos seus fillos e ao presidente do RC Deportivo.
O encontro antre Depor e Atlético Arteixo non era máis ca un adestramento de pretempada no que o resultado era o de menos. O máis importante foi a homenaxe ao noso MISTER ETERNO, Arsenio Iglesias, co aplauso e os cánticos na sua lembranza, unánimes. Fíxoselle tamén unha sentida homenaxe aos grandes deportivistas, Amancio Amaro e Luis Suárez, que tamén nos deixaron nos derradeiros tempos, e no descanso Lionel Scaloni saltou ao céspede enfundado na número 12, xunto cos seus dous fillos, e ademáis de recibir a insignia de ouro e brilantes do RC Deportivo, recibey unha réplica da Torre de Hércules feita por Sargadelos e unha bandeira, por medio da Federación de Peñas Deportivistas. Un Scaloni emocionado, que soltou as bagoas sobre o terreo de Riazor, palmeouno, e saludou aos máis de 8.000 deportivistas que acudiron a cita, para despois do ppartido recibir un baño de masas na Praza de María Pita, e dende o balcón da Casa do Concello dar un pequeno discuso amosando o seu cariño polo Depor e pola cidade, dicindo unha vez máis que voltaría algún día, pedindo que continuase o apoio incondicional o equipo e dicindo que “a este equipo e esta cidade cheguei sendo un neno e funme sendo un home…débolles todo o que son”.
O partido
Idiakez dispuxo un once en cada tempo, e o Arteixo, cáseque o mesmo. Partido títpico de pretempada no que a destacar o entendemento antre Yeremai e Lucas, que fixeron as delicias dos afeccionados, e as boas maneira de Barbero, este na segunda metade. O resultado foi de 6-0, puideron ser máis, e o Arteixo tamén mereceu un gol xa que dispuxo de duas boas ocasións.
Depor: Mackay (Alberto, min. 46), Paris Adot (Santamaría, min. 46), Jaime (Somolinos, min. 46), Barcia (Pablo Martínez, min. 46), Balenziaga (Retu, min. 46), Diego Villares (José Ángel, min. 46), Brais Val (Isi Gómez, min. 46), Tim Caroutas (Kevin, min. 46), Lucas (Davo, min. 46), Yeremay (Víctor Narro, min. 46) e Martín Ochoa (Barbero, min. 46).
Atlético Arteixo: Ramón, Diego Vela (Sito Pais, min. 46), Fito (Pablo Agulló, min. 46), Antonio, Iván (Manu Rivas, min. 46), Edu Agulló (Berna, min. 46), Óscar Varela (Nico Barizo, min. 67), Fabio (Hugo García, min. 81), Iker Castro (Naya, min. 46), Otero (Rubén Martínez, min. 81) e Pablo Ramos (Sergio Pereira, min. 46).
Goles: 1-0 Lucas, de penalti (min. 7); 2-0 Lucas (min. 32); 3-0 Tim Caroutas (min. 36); 4-0 Yeremay (min. 38); 5-0 Barbeiro (min. 60); 6-0 Barbeiro (min. 71).
Árbitro: Ruiz Álvarez (c. galego). Sen cartóns.
Incidencias: prime partido da #DéporXiraAugaDeParada, correspondente ao I Memorial Arsenio Iglesias e disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 8.135 espectadores. Yago Iglesias, neto de Arsenio Iglesias, realizou o saque de honra e recibiu recordos de mans de Francisco Gil, presidente do Atlético Arteixo, e de Álvaro García Diéguez, Presidente do RC Deportivo. No descanso foi homenaxeado Lionel Scaloni, un dos únicos 18 xogadores que superaron os 300 partidos oficiais coa camiseta branquiazul e que a finais do pasado ano dirixiu a Arxentina a conquistar o seu terceiro título mundial, que recibiu a insignia de ouro e brillantes do RC Deportivo. De mans da diretiva da Federación de Peñas recibeu unha bandeira e unha Torre de Hércules de Sargadelos, no nome de tódalas peñas deportivistas.
Seguinte cita
A seguinte cita será o vindeiro sábado en Riazor co Teresa Herrera ante o Bragnatino Sub 23, a partires das 20:00 horas, (18:00 GMT. Neste encontro homenaxearase a Mauro Silva e Bebeto, que foan campións do mundo estando nas filas do Depor, e será a despedida de Álex Bergantiños que como todos sabedes agora é conselleiro do clube.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”